Santiago Manuel Rabadán

futbolista español

Santiago Manuel Rabadán Villares, nado en León o 23 de maio de 1931 e finado na mesma cidade o 4 de novembro de 1984, foi un futbolista español, que xogaba habitualmente de interior dereito.

Rabadán
Información persoal
Nome Santiago Manuel Rabadán Villares
Nacemento 23 de maio de 1931
Lugar de nacemento León
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1950–1952 Cultural Leonesa
1952–1955 Atlético de Madrid 5 (0)
1953–1954 Valladolid 11 (7)
1954–1955 Avilés 24 (6)
1955–1958 Cultural Leonesa 78 (10)
1958–1961 Deportivo da Coruña 59 (5)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira como futbolista na Cultural Leonesa,[1] coa que xogou ata 1952, cando fichou polo Atlético de Madrid.[2] O 11 de xaneiro de 1953 debutou na Primeira División da man do adestrador Helenio Herrera, caendo goleado ante o Deportivo da Coruña en Riazor (5-1).[3] Apenas dispuxo de minutos no equipo madrileño e na tempada 1953/54 saíu cedido ao Valladolid, da mesma categoría. Disputou só 12 encontros co equipo de Lluís Miró pero anotou 8 goles, entre eles un ante o FC Barcelona e dous na vitoria por 4-3 sobre o Real Madrid. Na seguinte tempada volveu saír cedido, desta vez ao Avilés, de Segunda División, co que acabou descendendo a Terceira.

En 1955 regresou á Cultural Leonesa, coa que disputou a histórica tempada 1955/56, a única da historia do club na Primeira División. Xogou no club da súa cidade ata 1958, cando fichou polo Deportivo da Coruña.[4] Militou durante tres campañas no club galego, sendo un habitual nos once titulares, e acumulou 72 partidos e 6 goles. Deixou o equipo coruñés en maio de 1961, cando rescindiu o seu contrato e regresou a León para atender os negocios de panadaría da súa familia.[5][6]

Vida persoal editar

Casou con Maris Fernández Abella, coa que tivo tres fillos: María, Manuel e Alberto. Faleceu en León aos 53 anos de idade.[6]

Notas editar

  1. "Santiago Manuel Rabadán ya es nuevo jugador del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de agosto de 1958. p. 5. 
  2. "La Cultural Leonesa juega mañana en Santa Isabel contra el Club Santiago". La Noche (en castelán) (9856). 27 de setembro de 1952. p. 3. Consultado o 26 de abril de 2022. 
  3. "Deportivo, 5; A. Madrid, 1". El Pueblo Gallego (en castelán) (9627). 13 de xaneiro de 1953. p. 5. Consultado o 26 de abril de 2022. 
  4. "Rabadán y Souto en La Coruña". El Correo Gallego (en castelán) (26548). 23 de agosto de 1958. p. 4. Consultado o 26 de abril de 2022. 
  5. "Rabadán". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de maio de 1961. p. 7. 
  6. 6,0 6,1 "Rabadán murió ayer, en León". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de novembro de 1984. p. 29.