Santiago Lago Peñas

economista galego

Santiago Lago Peñas, nado en Vigo en 1971[1], é un economista galego, director do Foro Económico de Galicia[2].

Santiago Lago Peñas
Nacemento1971
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióneconomista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciouse en Economía en 1994 pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén se doutorou catro anos máis tarde[3]. É profesor da Universidade de Vigo no seu departamento de Economía Aplicada, con rango de catedrático.

A súa área de investigación principal é a economía pública e, máis especificamente, federalismo fiscal e descentralización[3].

Ten publicado máis de 100 traballos en distintas revistas especializadas nacionais e internacionais[3], e tamén ten realizado estadías de investigación en universidades europeas (Friburgo, Rennes I, IEP París, Pau) e canadenses (Acadia, Alberta e Queen's). É editor executivo de 'Hacienda Pública Española - Review of Public Economics', a revista científica do Instituto de Estudos Fiscais do Ministerio de Facenda[4].

É investigador asociado ao Institut d'Economia de Barcelona (IEB) e colaborador de FUNCAS, codirector da rede de investigadores RIFDE, director do Foro Económico de Galicia e director das Cátedras de empresa familiar e finanzas rexionais da Universidade de Vigo. Experto para o Banco Mundial, a Comisión Europea, a OCDE, o Foro de Federacións, a Corporación RAND e a Asemblea de Rexións Europeas. Foi elixido polo Parlamento de Galicia como o representante de Galicia para a reforma do sistema de financiamento autonómico[5]. Asemade, pertence ao Comité de persoas expertas para a reforma do sistema tributario do Ministerio de Facenda (2021-2022). É membro do comité asesor da Fundación Transforma España.

Foi coordinador do grupo de expertos creado pola Xunta de Galicia para afrontar os retos económicos formulados pola COVID-19 e conselleiro da Sociedade para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos en Galicia. Foi tamén conselleiro do Consello Económico e Social de Galicia entre 2003 e 2011.

Ten colaborado con prensa escrita e radiofónica (El Mundo, Faro de Vigo, SER e Radio Nacional).

PremiosEditar

  • Premio de investigación Josep Maria Vilaseca i Marcet (2010) do Institut de Estudos Autonómics da Generalitat de Cataluña[6] pola obra Descentralización y control electoral de los gobiernos en España, publicada a canda Ignacio Lago.

ObrasEditar

Vida persoalEditar

É irmán dos tamén economistas Manuel Lago e Ignacio Lago Peñas, e do profesor de xestión deportiva Carlos Lago.

NotasEditar

  1. "Santiago Lago Peñas: "Hay que introducir la productividad en las nóminas, aunque sea difícil de medir"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-04-14. 
  2. "Socios executivos". Foro Económico de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2019. Consultado o 2020-04-14. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "CV de Santiago Lago" (PDF). Web persoal. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2020. 
  4. "Editorial Board. Hacienda Pública Española / Review of Public Economics" (en inglés). Consultado o 2020-04-14. 
  5. "PP y PSdeG pactan el experto que negociará la nueva financiación". ABC (en castelán). 2017-01-28. Consultado o 2020-04-14. 
  6. "El doctor Joan Oliver Araujo, catedràtic de Dret Constitucional de la UIB, rep el III premi internacional Josep Maria Vilaseca i Marcet". diari.uib.es (en catalán). 25-11-2011. Consultado o 13-4-2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar