Santa Ana (barco)

O Santa Ana foi un barco arrastreiro galego que afundiu na costa de Asturias o 10 de marzo de 2014.

Descrición do buque editar

O Santa Ana era un buque construído en 1980 baixo o nome de Marirosa pola empresa Navalfoz, de Figueira da Foz. Era propiedade dun armador de Muros e boa parte da súa tripulación era de Muros tamén. Porén, a súa base tíñaa no porto de Matosinhos e a súa bandeira era portuguesa.

Cargaba unha tonelaxe de 199 Tm, cun peso morto de 425 Tm[1].

O accidente editar

O arrastreiro saíu, acompañado doutros dous barcos, do porto de Avilés na noite do 9 ao 10 de marzo de 2014. A intención era pescar xarda[2]. Cando saía, tocou nuns baixos do porto e afundiu nas proximidades de illa Erbosa, un illote deshabitado ao noroeste do cabo de Peñas, na zona central de Asturias.

A tripulación estaba composta por nove persoas, das que sobreviviu unha, sete faleceron, e unha quedou desaparecida. As súas nacionalidades eran indonesia, portuguesa e española, entre os que había catro galegos de Muros e un asturiano. O sobrevivente foi un mariñeiro de Muros.

Notas editar

  1. "Santa Ana Fishing". Marine Traffic (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2014. Consultado o 10 de marzo de 2014. 
  2. "Esto fue muy gordo: había tres balsas, pero solo un marinero. Tenía cortes en las manos y los pies"

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar