San Roque, San Miguel de Negradas, O Vicedo
San Roque é un lugar da parroquia de San Miguel de Negradas, no concello lugués do Vicedo. Segundo o IGE en 2009 tiña 20 habitantes (11 mulleres e 9 homes), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 34 habitantes.
San Roque | |
---|---|
Capela de San Roque. | |
Parroquia | San Miguel de Negradas |
Concello | O Vicedo |
Coordenadas | 43°42′54″N 7°41′03″O / 43.71511987638, -7.684152193223 |
Poboación | 16 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Debe o seu nome a unha capela existente baixo a advocación de San Roque. Previamente o lugar era coñecido como O Pazo, onde viviron María Sarmiento Ribadeneira e o seu marido Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira, gobernador de Filipinas. Tamén foi coñecido como Santa Mariña, por mor da existencia dunha capela baixo esa advocación.
Lugares e parroquias
editarLugares de San Miguel de Negradas
editarLugares da parroquia de San Miguel de Negradas no concello do Vicedo (Lugo) | |
---|---|
Alpuxarras | A Áspera | A Barreira | Chelo | Crecide | Creximil | A Fonte | Francos | A Gándara | A Gatariza | Marcos | Monte de Insua | O Morgallón | O Mosteiro | Muro Novo | Noche | A Poceira | O Redondo | Salgueiros | San Roque | O Xurbal |