Samuel de los Reyes

futbolista español

Samuel de los Reyes Domínguez, coñecido habitualmente como Samu, nado en Sevilla o 15 de febreiro de 1992, é un futbolista profesional español da canteira do Sevilla, que xoga como lateral esquerdo no UE Llagostera da Segunda División emprestado polo Córdoba.

Samu
Información persoal
Nome Samuel de los Reyes Domínguez
Nacemento 15 de febreiro de 1992 (32 anos)
Lugar de nacemento Sevilla
Altura 1,82 m
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual UE Llagostera
Carreira xuvenil
Sevilla
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2011 Sevilla C 42 (2)
2009–2013 Sevilla B 55 (3)
2013 Sabadell 13 (0)
2013– Córdoba 25 (0)
2014–2015Lugo (ces.) 2 (0)
2015Llagostera (ces.) 9 (0)
Na rede
Twitter: samu_delosreyes Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 6 de abril de 2015
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Sevilla, é froito da canteira dun dos principais clubs da súa cidade, o Sevilla Fútbol Club. Samuel de los Reyes fixo o seu debut como xogador sénior en 2008, cando tiña tan só 16 anos, no Sevilla C. En 2011 asina un contrato profesional e é ascendido ao Sevilla Atlético, naquel ano militante na Segunda División B. O [[17 de febreiro de 2013, De los Reyes rescinde o seu contrato co club andaluz e asina co Centre d'Esports Sabadell Futbol Club, da Segunda División.[1] Tan só sete días despois debuta co equipo en liga, xogando os 90 minutos na vitoria por 1-0 ante o Xerez Club Deportivo no Municipal de Chapín.[2] O 31 de maio convértese no primeiro fichaxe do Córdoba Club de Fútbol para a tempada 2013-14, asinandoun contrato por dous anos.[3] Durante a campaña xogou 25 partidos, nun ano no que o equipo cordobés acabaría por ascender á Primeira División tras 42 anos de ausencia. O 21 de agosto asina un novo contrato por dous anos co club, sendo inmediatamente emprestado ao Club Deportivo Lugo da Segunda División por un ano.[4]

Clubs editar

Ano Club División Partidos Goles
2008-2009 Sevilla C Terceira 14 2
2009-2010 Sevilla C Terceira 28 0
2009-2010 Sevilla Atlético Segunda B 2 0
2010-2011 Sevilla C Terceira 34 1
2010-2011 Sevilla Atlético Segunda B 3 1
2011-2012 Sevilla Atlético Segunda B 29 0
2012-2013 Sevilla Atlético Segunda B 21 2
2013 CE Sabadell Segunda 13 0
2013-2014 Córdoba CF Segunda 25 0
2014-2015 CD Lugo Segunda 2 0
2015 UE Llagostera Segunda

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar