Samir Nasar[1][2] (en árabe: سمير نصّار), nado no Líbano o 5 de xullo de 1950, é un eclesiástico católico maronita, dende 2006 arcebispo de Damasco.

سمير نصّار
Samir Nasar
Arcebispo da Igrexa Católica Maronita
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1950 en Nabai, Líbano
Ordes
Ordenación sacerdotal17 de agosto de 1980
Consagración episcopal26 de novembro de 2006, por Nasrala Pedro Sufair
Arcebispo de Damasco
2006 - actualidade
PredecesorRaimun Aid
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Completou os estudos secundarios no seminario patriarcal de San Marón en Ghasir en 1974, e posteriormente estudou Teoloxía na Universidade San Xosé de Beirut e no Instituto Católico de Lión, graduándose en 1976. Posteriormente estudou Historia na Universidade Lión III.

Foi ordenado sacerdote o 17 de agosto de 1980, e traballou como párroco. En 2005 foi nomeado corbispo.

O 10 de xuño de 2006 foi elixido arcebispo de Damasco polo Santo Sínodo da Igrexa Maronita. Recibiu a consagración episcopal o 26 de novembro de 2006 de mans do patriarca de Antioquía Nasrala Pedro Sufair.

Notas editar

  1. Romanización do nome árabe segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito (2007).
  2. Tamén Nassar.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Raimun Aid
 Arcebispo de Damasco 
2006 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)