Saman Atala

Bispo maronita

Saman Atala[1][2] (en árabe: سمعان عطا الله), nado no Líbano o 10 de xaneiro de 1937, é un bispo e relixioso católico maronita, entre 2005 e 2015 bispo de Balbik - Dair al-Ahmar.

سمعان عطا الله
(Saman Atala)
Bispo da Igrexa Católica Maronita
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1937 en Líbano
Ordes
Ordenación sacerdotal8 de decembro de 1963
Consagración episcopal11 de febreiro de 2006, por Nasrala Pedro Sufair
Bispo de Balbik - Dair al-Ahmar
2005 - 2015
PredecesorBulus Munxid al-Haxim
SucesorHana Rahma
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria Editar

Entrou na orde dos antonianos o 31 de outubro de 1951, facendo os votos solemnes o 1 de novembro de 1959. Marchou a estudar Teoloxía ao Pontificio Ateneo de Santo Anselmo de Roma, e posteriormente continuou os seus estudos de Liturxia no Pontificio Instituto Oriental. O 8 de decembro de 1963 foi ordenado sacerdote da orde.

O Sínodo da Igrexa maronita reunido do 18 ao 24 de setembro de 2005 elixiuno bispo de Balbik - Dair al-Ahmar. O papa Bieito XVI deu a súa aprobación o 28 de decembro de 2005. Foi consagrado bispo polo patriarca Nasrala Pedro Sufair o 11 de febreiro de 2006. Permaneceu no cargo até que se retirou como emérito o 14 de marzo de 2015.

Notas Editar

  1. Transliteración segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito.
  2. Tamén coñecido por outras romanizacións do seu nome, como Saman Atallah e Siman Atallah.