Hana Rahma[1][2] (en árabe: حنّا رحمه), nado en Ainata (Líbano) o 18 de xullo de 1960, é un bispo e relixioso católico maronita, dende 2015 bispo de Balbik - Dair al-Ahmar.

Infotaula de personaHana Rahma
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Aynata, Líbano (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bispo diocesano
14 de marzo de 2015 –
← Saman Atala
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2015–), sacerdote católico (1990–) Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónBixara Pedro al-Rai Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Entrou na orde dos baladitas o 6 de agosto de 1979, facendo os votos solemnes o 6 de agosto de 1989. O 29 de xullo de 1990 foi ordenado sacerdote da orde.

O Sínodo da Igrexa maronita reunido do 10 ao 14 de marzo de 2015 elixiuno bispo de Balbik - Dair al-Ahmar. O papa Francisco deu a súa aprobación o 20 de xuño de 2015. Foi consagrado bispo polo patriarca Bixara Pedro al-Rai o 1 de agosto, e os seus co-consagradores principais foron os seus predecesores Saman Atala e Bulus Munxid al-Haxim.

Notas editar

  1. Transliteración segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito.
  2. Tamén coñecido por outras romanizacións do seu nome, como Hanna Rahmé e Hanna Rahma.