Salut Borràs i Saperas

militante anarquista

Salut Borràs i Saperas, nada en Barcelona en xaneiro de 1878 e finada en París o 11 de agosto de 1954, foi unha militante anarquista española.

Infotaula de personaSalut Borràs i Saperas
Biografía
Nacementoxaneiro de 1878 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de agosto de 1954 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Hospital de la Pitié-Salpêtrière (Francia) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo, feminismo e Zapatismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitante anarquista española
LinguaLingua castelá, lingua catalá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeSegunda República Española Editar o valor em Wikidata
ConflitoRevolución Mexicana e guerra civil española Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeOctave Jahn
PaisMartí Borràs i Jover (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Francesca Saperas i Miró Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era a filla máis vella da parella anarquista formada polo internacionalista Martín Borrás Jover e por Francesca Saperas i Miró.[1] A finais dos anos 1880 e comezos dos 1890 participou coa nai na distribución a domicilio das subscricións ao periódico Tierra y Libertad, fundado polo seu pai. Foi compañeira de Lluís Mas Gasió desde 1895. Tras o atentado da rúa dels Canvis Nous en Barcelona en 1896, o seu compañeiro foi detido.[2] O 4 de maio de 1897, dúas horas antes da execución de Mas, foron obrigados a casar baixo ameaza de internar nun convento o fillo que esperaban. Tamén foi detida xunto coa súa nai e encarcerada un ano antes de ser expulsada a Francia. Alí instalouse en Marsella.[3]

A súa tarefa no movemento anarquista consistía, entre outros, en facer de correo cos presos, estabelecer contactos cos comités nos tempos de clandestinidade, enterrar en segredo os seus mortos e solidarizarse cos perseguidos.

A partir de 1908 foi compañeira de Octave Jahn, en México, onde el participou na revolución canda Emiliano Zapata. En 1911 regresou a Barcelona e en 1913 estabeleceuse co seu fillo en París. Alí traballou como modista e viaxou de xeito constante entre Francia, Cataluña e México. En 1930 volveu a Barcelona e instalouse nunha pequena casa da rúa de Robador, no Raval.

Tras o triunfo do franquismo exiliouse en Francia. Nunha saída campestre o seu fillo foi asasinado.[4] Borrás morreu o 11 de agosto de 1954 no Hospital de la Pitié-Salpetrière de París, onde vivía recollida. Unha parte do seu arquivo (correspondencia e documentación sobre as revolucións mexicana e española) atópase fotocopiado no Internationaal Instituut voor Sociale Geschiedenis (Instituto Internacional de Historia Social) de Ámsterdam.

Notas editar

  1. Íñiguez, Miguel (2001). Esbozo de una Enciclopedia histórica del anarquismo español (en castelán). Madrid: Fundación Anselmo Lorenzo. ISBN 9788486864453. 
  2. . (8 de setembro de 1896). "El atentado de la calle de Cambios". La Vanguardia. 
  3. Fernández, Fran (11 de decembro de 2016). "Francesca Saperas Miró (1851-1933). ¿La madre de los anarquistas?". Ser Histórico (en castelán). 
  4. "Salud Borrás Saperas – militante anarquista". CNT Puerto Real (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2018.