Salud Torres

sindicalista e política galega
(Redirección desde «Salud Torres Díaz»)

Salud Torres Díaz, nada en Ourense en 1912 e finada en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia) o 29 de outubro de 1937, foi unha sindicalista e política galega.

Infotaula de personaSalud Torres

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de outubro de 1937 Editar o valor em Wikidata (24/25 anos)
Mosteiro de Ribeira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsSilvio Torres Díaz Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Delegada da UGT e militante do PCE, participou no mitin do Partido celebrado no Teatro Principal en abril de 1934.[1] Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detida xunto co seu irmán Silvio, acusados de repartir panfletos incitando aos soldados á rebelión,[2] e sometida a consello de guerra.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida. Internada no cárcere de Celanova de onde foi sacada para ser asasinada en Mosteiro de Ribeira o 29 de outubro de 1937 canda María del Valle Lozano. Destrozárolle o cerebro ao ser fusilada. O seu cadáver foi atopado en Lomba de Lamas e trasladado ao cemiterio nun carro polos veciños.[4] En xullo de 2019 iniciouse a recuperación dos seus restos pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).[5]

Recoñecementos editar

  • Claudio Rodríguez Fer escribu o poema “O terror en carro de vacas” que rememora os asasinatos de María e Salud.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 11-4-1934, p. 12.
  2. Galicia, 21-10-1934, p. 1.
  3. El Compostelano, 22-10-1934, p. 2.
  4. Marcos Pérez Pena (11 de abril de 2019). "Na procura dos restos das 'Mártires de Xinzo de Limia' asasinadas en 1937". Praza Pública. Consultado o 12 de abril de 2019. 
  5. Inician a exhumación de dúas mulleres galegas asasinadas pola ditadura franquista

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar