Salomé (cantante)

cantante española

María Rosa Marco Poquet, coñecida artisticamente como Salomé, nada en Barcelona o 21 de xuño de 1939, é unha cantante española residente en Valencia. É unha das dúas únicas cantantes españolas gañadoras do Festival de Eurovisión.

Modelo:BiografíaSalomé

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Rosa Marco Poquet Editar o valor en Wikidata
21 de xuño de 1939 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesSalomé Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata - 2005 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Participou en
29 de marzo de 1969Festival de Eurovisión 1969 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm0758930 BNE: XX870712 Last fm: Salomé Musicbrainz: 7fa32778-1021-4f46-93bd-596545f2b50c Discogs: 527915 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezou a súa carreira en Radio Barcelona. Desde entón continuou a súa carreira musical compaxinándoa coa súa faceta como presentadora de televisión. Foi abreconcertos de Frank Sinatra. Ata 1963 gravou máis de corenta cancións para as casas discográficas Iberofón e Zafiro. En 1962 xa gañara o Festival do Mediterráneo co tema "Se'n va anar", en catalán. Actuou tamén no Festival de Valencia e o Festival do Douro onde obtivo o premio de interpretación. Gravou numerosos discos con varias casas discográficas, como Belter e Iberofón. En 1969 casou con Sebastián García. Gravou numerosos temas en catalán e castelán, entre os máis coñecidos "Quinientas millas", "L'arbre", "Bésame mucho", "Com el vent", "L'emigrant", "Puedo morir mañana", "Isla del amor" o "Esperaré".

Gañou representando a España o Festival de Eurovisión de 1969 coa canción "Vivo cantando", composta por María José Cerato, con letra de Aniano Alcalde. Compartiu o primeiro premio con Lulu (Reino Unido), Frida Boccara (Francia) e Lenny Kuhr (Holanda). Recibiu o galardón en Madrid de mans da tamén española Massiel, gañadora do ano anterior.

O seu vestido na posta en escena, deseñado por Pertegaz para a ocasión, pesaba 14 quilos e estaba composto por pezas de porcelana azul turquesa e tres colares de 1 quilo cada un. Salomé gravou "Vivo Cantando" en 8 idiomas diferentes (español, catalán, éuscaro, francés, alemán, italiano, inglés, e serbocroata).

Aparcou a súa carreira musical pouco logo de contraer matrimonio. Actualmente actúa como colaboradora en Matí, Matí, un magazine matinal de Canal 9, a cadea autonómica da Comunidade Valenciana.

Discografía

editar

Sinxelos seleccionados:

  • 1967-1977
    • Se'n va anar / Si vols
    • Esperame / Recuérdame / Puedo morir mañana / Cuando estoy contigo
    • Puedo morir mañana / Esperaré
    • La santa espina / Tot dansant
    • Vivo Cantando / Amigos, amigos
    • Una música / Tens la nit
    • Dónde están / Déjame volver
    • Com el vent / Les teves mans
    • El jinete / ¿Sabes que tengo ganas?

Recompilacións seleccionadas:

  • Salomé 1962-1963 2 CD

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
"La, la, la"
Massiel
 
España no Festival de Eurovisión

1969
Sucesor:
"Gwendolyne"
Julio Iglesias