Suomen Jääkiekkoleijonat

Suomen Jääkiekkoleijonat (en galego leóns/leoas do hóckey sobre xeo finlandés) é o nome polo que se coñece ao Salón da Fama do Hóckey sobre Xeo Finlandés. As personalidades son nomeadas polo Suomen Jääkiekkomuseo (en galego "Museo do hóckey sobre xeo finlandés"), que xestiona a galería de personalidades homenaxeadas. Na lista figuran xogadoras e xogadores, adestradoras e adestradores, árbitras e árbitros, así como outras personalidades que influíron neste deporte en Finlandia.[1]

A galería de Jääkiekkoleijonat esittelyssä no Museo do hóckey sobre xeo finlandés, na cidade de Tampere.

O Salón da Fama do hóckey sobre xeo finlandés foi fundado en 1985, cando se nomearon 36 persoas. Se ben en 2022 introducíranse xa 268 personalidades, o número de mulleres é moi reducido, e non foi ata 2007 cando se nomearon as primeiras integrantes. As personalidades son nomeadas polo impacto que provocaron nesta modalidade no país nórdico independentemente da súa nacionalidade, aínda que o número de persoas estranxeiras é moi reducido.

As persoas da seguinte lista ordenable aparecen pola orde na que foron nomeadas "leoas".

Historia editar

 
Entrada ao Museo do hóckey sobre xeo finlandés, en cuxa primeira sala se encontra a galería dos Suomen Jääkiekkoleijonat.

En 1985 Kimmo Leinonen regresou a Finlandia dende América do Norte traendo a idea de crear un salón da fama no que homenaxear ás persoas mais relevantes da modalidade no país. Dende ese mesmo ano, o museo do hóckey nomea persoas como "leóns/leoas do hóckey", comezando coa introdución de 36 personalidades, o número máis alto ata a data. Cada ano poden ser elixidas entre cero e seis persoas.[1][2][3] Os membros fundadores do Salón da Fama foron Aarne Honkavaara, Kalervo Kummola, Kimmo Leinonen, Harry Lindblad, Juhani Linkosuo e Usko Teromaa.[4]

En 2007 deixouse de outorgar un número ás personalidades que pasaran a formar parte do Salón da Fama,[5] mais en 2023 o sitio web do Salón da Fama tiña asignado un número a cada personalidade. En 2007 nomeáronse ás primeiras mulleres en formar parte do Salón da Fama, foron Marianne Ihalainen e Riikka Välilä, que se converteron tamén nas primeiras mulleres do mundo en ser introducidas nun salón da fama de hóckey sobre xeo.[6][7]

En 2017, a cerimonia de introdución das novas personalidades do salón da fama coincidiu coa apertura da nova exposición do museo finlandés do hóckey sobre xeo. Esta foi a primeira vez que o museo acolleu a cerimonia de nomeamento, na que os "leóns" Veli-Pekka Ketola e Jari Kurri entregaron os premios.[8]

En 2020 non se nomeou ningunha nova personalidade a causa da pandemia por coronavirus.[9]

Personalidades editar

Na lista figuran xogadoras e xogadores, adestradoras e adestradores, árbitras e árbitros, así como outras personalidades que influíron neste deporte en Finlandia,[1] ademais calquera persoa que teña promovido o hóckey sobre xeo finlandés pode ser nomeada "leoa do hóckey sobre xeo" independentemente da súa nacionalidade. Ata 2021 foran nomeadas oito personalidades non finlandesas.[1] Se ben calquera persoa pode ser introducida no Salón da Fama, o número de mulleres presentes é moi reducido e houbo que esperar 22 anos, ata 2007, para ver ás primeiras mulleres ocupar un posto na galería, estas foron Marianne Ihalainen e Riikka Välilä, que se converteron ademais nas primeiras mulleres do mundo en ser introducidas nun salón da fama de hóckey sobre xeo.[6][7]

En 2023 hai un total de 268 personalidades no homenaxeadas, das cales 183 son xogadoras e xogadores (20 porteiras e porteiros, 53 defensas e 110 atacantes), 11 árbitros e árbitras, 2 xuíces e xuízas de liña, 21 adestradoras e adestradores, 43 personalidades influentes e 8 representantes dos medios.[10]

Comité de selección editar

A elección das personalidades é realizada por un comité integrado por persoas relevantes do hóckey sobre xeo do país nórdico que valoran os méritos das persoas elixibles. En 2023 este comité estaba presidido polo ex xogador e "león" do hóckey sobre xeo finlandés Jari Kurri, xunto con outras personalidades salientables como Kai Tervonen, Raimo Helminen, Marianne Ihalainen, Jarmo Jalarvo, Veli-Pekka Ketola, Kalervo Kummola, Jere Lehtinen, Heikki Miettinen, Hannu Tolonen e Erkka Westerlund.[11]

Jääkiekkoleijonat editar

 
Aarne Honkavaara é o "león do hóckey sobre xeo" número 10.
 
Teppo Rastio é o "león do hóckey sobre xeo" número 29.
 
Matti Keinonen e Juhani Lahtinen son os "león do hóckey sobre xeo" números 50 e 34 respectivamente.
 
Jarmo Wasama é o "león do hóckey sobre xeo" número 36.
 
Juhani Wahlsten é o "león do hóckey sobre xeo" número 43.
 
Lasse Oksanen é o "león do hóckey sobre xeo" número 53.
 
Veli-Pekka Ketola é o "león do hóckey sobre xeo" número 72.
 
Juhani Tamminen é o "león do hóckey sobre xeo" número 79.
 
Pentti Lund é o "león do hóckey sobre xeo" número 84.
 
Kalervo Kummola é o "león do hóckey sobre xeo" número 106.
 
Jari Kurri é o "león do hóckey sobre xeo" número 113.
 
Alpo Suhonen é o "león do hóckey sobre xeo" número 149.
 
Hannu Aravirta é o "león do hóckey sobre xeo" número 182.
 
Marianne Ihalainen foi unha das dúas primeiras mulleres introducidas en 2007 co número 187.
 
Raimo Helminen é o "león do hóckey sobre xeo" número 192.
 
Erik Hämäläinen é o "león do hóckey sobre xeo" número 193.
 
Jyrki Lumme é o "león do hóckey sobre xeo" número 196.
 
Janne Ojanen é o "león do hóckey sobre xeo" número 206.
 
Jere Lehtinen é o "león do hóckey sobre xeo" número 207.
 
Jukka Jalonen é o "león do hóckey sobre xeo" número 210.
 
Ville Peltonen é o "león do hóckey sobre xeo" número 226.
 
Saku Koivu é o "león do hóckey sobre xeo" número 228.
 
Teemu Selänne é o "león do hóckey sobre xeo" número 232.
 
Emma Terho é a "leoa do hóckey sobre xeo" número 255.
 
Niklas Hagman é o "león do hóckey sobre xeo" número 257.
Ano de
introdución
Número Categoría Nome Nacionalidade
1985[10] 1 Personalidade influente Kauko Karvonen  
2 Personalidade influente Aaro Kivilinna  
3 Adestrador Erkki Saarinen  
4 Xogador Holger Granström  
5 Adestrador Risto Lindroos  
6 Xogador Keijo Kuusela  
7 Personalidade influente Juhani Linkosuo  
8 Xogador Pentti Isotalo  
9 Xogador Matti Rintakoski  
10 Xogador Aarne Honkavaara[12]  
11 Xogador Eero Salisma  
12 Adestrador Henry Kvist  
13 Xogador Kalle Havulinna  
14 Xogador Matti Karumaa  
15 Xogador Lotfi Nasib  
16 Xogador Jukka Wuolio  
17 Xogador Unto Wiitala  
18 Representante dos medios Jouko Autero  
19 Personalidade influente Harry Lindblad  
20 Adestrador Jarl Ohlson  
21 Xogador Yrjö Hakala  
22 Xogador Ossi Kauppi  
23 Árbitro Tuomo Lindroos  
24 Xogador Christian Rapp  
25 Adestrador Joe Wirkkunen  
26 Xogador Esko Niemi  
27 Xogador Matti Lampainen  
28 Xogador Erkki Koiso  
29 Xogador Teppo Rastio  
30 Xogador Raimo Kilpiö  
31 Xogador Esko Luostarinen  
32 Xogador Pertti Nieminen  
33 Xogador Heino Pulli  
34 Xogador Juhani Lahtinen  
35 Árbitro Sakari Sillankorva  
36 Xogador Jarmo Wasama[13]  
1986[10] 37 Personalidade influente Otto Wuorio  
38 Xogador Esko Rekomaa  
39 Xogador Seppo Liitsola  
40 Xogador Mauno Nurmi  
41 Xogador Voitto Soini  
42 Xogador Jouni Seistamo  
43 Xogador Juhani Wahlsten  
44 Xogador Kalevi Numminen  
45 Xogador Seppo Nikkilä  
46 Adestrador Teuvo Myyryläinen  
47 Xogador Jorma Suokko  
48 Xogador Matti Reunamäki  
1987[10] 49 Adestrador Lasse Heikkilä  
50 Xogador Matti Keinonen  
51 Xogador Seppo Lindström  
52 Xogador Lalli Partinen  
53 Xogador Lasse Oksanen  
54 Árbitro Raimo Sepponen  
1988[10] 55 Adestrador Carl-Magnus Brander  
56 Personalidade influente Jorma Nykänen  
57 Personalidade influente Paavo Pitkänen  
58 Xogador Antti Heikkilä  
59 Xogador Reijo Hakanen  
60 Xogador Jorma Peltonen  
61 Xogador Urpo Ylönen  
62 Xogador Ilkka Mesikämmen  
1989[10] 63 Personalidade influente Esko Paltanen  
64 Xogador Ilpo Koskela  
65 Xogador Juha Rantasila  
66 Xogador Jorma Vehmanen  
67 Xogador Jorma Valtonen  
1990[10] 68 Xogador Pekka Marjamäki  
69 Xogador Esa Peltonen  
70 Xogador Antti Leppänen  
71 Xogador Seppo Repo  
72 Xogador Veli-Pekka Ketola  
1991[10] 73 Árbitro Karl-Gustav Kaisla  
74 Personalidade influente Matias Helenius  
75 Xogador Lauri Mononen  
76 Xogador Harri Linnonmaa  
77 Xogador Matti Murto  
78 Xogador Heikki Riihiranta  
79 Xogador Juhani Tamminen  
80 Xogador Timo Nummelin  
81 Xogador Timo Sutinen  
82 Personalidade influente Göran Stubb  
1992[10] 83 Personalidade influente Usko Teromaa  
84 Xogador Pentti Lund   
85 Xogador Hannu Haapalainen  
86 Xogador Pertti Koivulahti  
87 Xogador Reijo Leppänen  
88 Xogador Seppo Suoraniemi  
89 Xogador Pertti Valkeapää  
1993[10] 90 Xogador Seppo Ahokainen  
91 Xogador Pekka Rautakallio  
92 Xogador Martti Jarkko  
93 Árbitro Lasse Vanhanen  
1994[10] 94 Xogador Eero Saari  
95 Xogador Esko Tie  
96 Xogador Lasse Litma  
97 Xogador Jukka Porvari  
1995[10] 98 Xogador Matti Hagman  
99 Xogador Kari Makkonen  
100 Xogador Tapio Levo  
101 Xogador Mikko Leinonen  
102 Árbitro Pertti Juhola  
103 Personalidade influente Teuvo Honkalinna  
1996[10] 104 Xogador Henry Leppä  
105 Xogador Kari Eloranta  
106 Personalidade influente Kalervo Kummola  
1997[10] 107 Xogador Ilkka Sinisalo  
108 Xogador Erkki Lehtonen  
109 Personalidade influente Teemu Hiltunen  
1998[10] 110 Xogador Tapio Koskinen  
111 Xogador Markus Mattsson  
112 Xogador Risto Siltanen  
113 Xogador Jari Kurri  
114 Xogador Pertti Lehtonen  
115 Xogador Hannu Kamppuri  
116 Xogador Matti Forss  
117 Personalidade influente Kai Hietarinta  
118 Representante dos medios Aulis Virtanen  
1999[10] 119 Representante dos medios Antero Karapalo  
2000[10] 120 Xogador Timo Susi  
121 Xogador Arto Javanainen  
122 Xogador Reijo Ruotsalainen  
123 Xogador Kari Jalonen  
124 Xogador Pekka Tuomisto  
125 Personalidade influente Frank Moberg  
126 Personalidade influente Arto Lehtiö  
2002[10] 127 Xogador Timo Blomqvist  
128 Personalidade influente Tomi Mäkipää  
2003[10] 129 Xogador Jorma Salmi  
130 Xogador Jukka Tammi  
131 Xogador Arto Ruotanen  
132 Xogador Timo Jutila  
133 Xogador Hannu Virta  
134 Xogador Christian Ruuttu  
135 Adestrador Pentti Matikainen  
136 Árbitro Seppo Mäkelä  
137 Representante dos medios Pentti Lindegren  
2004[10] 138 Xogador Risto Jalo  
139 Xogador Mikko Mäkelä  
140 Xogador Esa Keskinen  
141 Xogador Petri Skriko  
142 Xogador Raimo Summanen  
143 Xogador Esa Tikkanen  
144 Xogador Timo Turunen  
145 Xogador Stig Wetzell  
146 Adestrador Gustav Bubník  
147 Adestrador Carl Brewer  
148 Adestrador Curt Lindström  
149 Adestrador Alpo Suhonen  
150 Adestrador Hilpas Sulin  
151 Árbitro Jarmo Jalarvo  
152 Personalidade influente Seppo Helle  
153 Personalidade influente Aimo Mäkinen  
154 Personalidade influente Martin Saarikangas  
155 Personalidade influente Juhani Ikonen  
156 Representante dos medios Anssi Kukkonen  
157 Representante dos medios Juhani Syvänen  
158 Representante dos medios Hannu Lindroos  
2005[14] 159 Xogador Hannu Kapanen  
160 Xogador Markus Ketterer  
161 Xogador Sakari Lindfors  
162 Xogador Jari Lindroos  
163 Xogador Reijo Mikkolainen  
164 Xogador Mika Nieminen  
165 Xogador Marko Palo  
166 Xogador Jouni Rinne  
167 Adestrador Rauno Korpi  
168 Árbitro Janne Rautavuori  
169 Personalidade influente Lasse Laukkanen  
170 Personalidade influente Hannu Ansas  
171 Personalidade influente Harri Lintumäki  
172 Personalidade influente Tapani Mattila  
2006[10] 173 Xogador Ville Sirén  
174 Xogador Simo Saarinen  
175 Xogador Pekka Järvelä  
176 Xogador Hannu Järvenpää  
177 Xogador Pekka Arbelius  
178 Xogador Timo Saarikoski  
179 Xogador Kari Takko  
180 Xogador Darren Boyko  
181 Xogador Otakar Janecký  
182 Adestrador Hannu Aravirta  
183 Adestrador Hannu Jortikka  
184 Personalidade influente Jarmo Männistö  
185 Personalidade influente Harry Bogomoloff  
186 Personalidade influente Urpo Helkovaara  
2007[10] 187 Xogadora Marianne Ihalainen[15]  
188 Xogador Janne Laukkanen  
189 Xogador Antti Törmänen  
190 Xogadora Riikka Välilä  
191 Personalidade influente Anssi Koskinen  
2009[5] 192 Xogador Raimo Helminen[16]  
193 Xogador Erik Hämäläinen  
194 Xogadora Sari Krooks[17]  
195 Xogador Tero Lehterä  
196 Xogador Jyrki Lumme  
197 Xogador Jarmo Myllys  
198 Xogador Juha Ylönen  
199 Adestrador Vladimir Jurzinov  
200 Adestrador Erkka Westerlund  
201 Árbitro Rainer Grannas  
2010[18] 202 Xogador Teppo Numminen  
203 Xogador Matti Rautiainen  
204 Personalidade influente Rauno Mokka  
205 Personalidade influente Matti Väisänen  
2011[19] 206 Xogador Janne Ojanen  
207 Xogador Jere Lehtinen  
208 Xogador Marko Kiprusoff  
209 Xogador Mika Strömberg  
210 Adestrador Jukka Jalonen  
211 Personalidade influente Kimmo Leinonen  
2012[20] 212 Xogador Aki Berg  
213 Xogador Juha Lind  
214 Xogador Pasi Nurminen  
215 Xogador Timo Peltomaa  
216 Personalidade influente Hannu Soro  
217 Personalidade influente Pertti Kontto  
218 Personalidade influente Esa Sulkava  
2013[21] 219 Xogador Iiro Järvi  
220 Xogador Ari Sulander   
221 Xogador Petri Varis  
222 Personalidade influente Pekka Paavola[22]  
2014[23] 223 Xogadora Sari Marjamäki[24]  
224 Xogador Sami Kapanen  
225 Xogador Janne Niinimaa  
226 Xogador Ville Peltonen  
227 Árbitra Anne Haanpää[25][26]  
2015[27] 228 Xogador Saku Koivu  
229 Xogador Pekka Leimu  
230 Xogadora Tiia Reima  
231 Xogador Kimmo Rintanen  
232 Xogador Teemu Selänne  
233 Xogador Erkki Haapanen  
234 Adestrador Rauli Virtanen  
2016[28] 235 Xogadora Päivi Virta  
236 Xogador Jukka Hentunen  
237 Xogador Miikka Kiprusoff  
238 Xogador Toni Lydman  
239 Personalidade influente Don Baizley  
240 Personalidade influente Harry Harkimo  
2017[29] 241 Xogador Erkki Laine  
242 Xogador Antti-Jussi Niemi  
243 Xogador Fredrik Norrena  
244 Xogadora Katja Riipi  
245 Xogador Sami Salo  
246 Personalidade influente Juha Junno  
2018[30] 247 Xogadora Kirsi Hänninen  
248 Xogador Olli Jokinen  
249 Xogador Antero Niittymäki  
250 Xogador Jarkko Ruutu  
251 Xogador Kimmo Timonen  
252 Árbitro Jyri Rönn  
2019[31] 253 Xogador Petteri Nummelin  
254 Xogador Antti Miettinen  
255 Xogadora Emma Terho [32]  
256 Adestrador Hannu Saintula  
2021[33] 257 Xogador Niklas Hagman  
258 Xogador Niko Kapanen  
259 Xogador Tuomo Ruutu  
260 Xogadora Petra Vaarakallio  
261 Xogador Ossi Väänänen  
262 Personalidade influente Seppo Arponen  
2022[34] 263 Xogador Niklas Bäckström  
264 Xogador Mikko Koivu  
265 Xogador Ilkka Mikkola  
266 Xogadora Saija Tarkki  
267 Árbitra Anu Saarni  
268 Personalidade influente Reijo Paajanen  
2023 [35] 269 Xogador Mikko Eloranta  
270 Xogador Tuukka Mäntylä  
271 Xogador Janne Pesonen  
272 Adestrador Jukka Rautakorpi  
273 Árbitro Timo Favorin  
274 Personalidade influente Heikki Hietanen  

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "JÄÄKIEKKOLEIJONAT" (en finés). Museo finlandés do hóckey sobre xeo. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  2. Laakso, Mika (14 de decembro de 2019). "Suomen Jääkiekkomuseo täytti 40 vuotta, tulevaisuudessa yhä enemmän digitaalisia palveluita luvassa". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  3. "SUOMEN JÄÄKIEKKOLEIJONAT". JÄÄKIEKKOKIRJA 2022 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 584. 
  4. Referencia baleira (Axuda) 
  5. 5,0 5,1 "Uudet Jääkiekkoleijonat aateloitiini". jatkoaika.com (en finés). 18 de xaneiro de 2010. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  6. 6,0 6,1 Pirinen, Harri (21 de novembro de 2014). "101-0! Lista kovimmista kiekkoilijoista kuumensi tunteet Ruotsissa". Ilta Sanomat (en finés). Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  7. 7,0 7,1 "ILVES HOCKEY LEGENDS" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  8. "JÄÄKIEKKOMUSEO SIIRTYI UUTEEN AIKAKAUTEEN" (en finés). Suomen Jääkiekkohistoriallinen Seura. Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  9. Mäkinen, Petteri (11 de maio de 2020). "Ei uusia jääkiekkoaatelisia tänä vuonna – Jääkiekkomuseo perui aateloinnin koronan takia". Tamperelainen (en finés). Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  10. 10,00 10,01 10,02 10,03 10,04 10,05 10,06 10,07 10,08 10,09 10,10 10,11 10,12 10,13 10,14 10,15 10,16 10,17 10,18 10,19 10,20 10,21 "Suomen Jääkiekkoleijonat". Jääkiekkokirja 2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. pp. 619–620. ISSN 0784-3321. 
  11. "STORY AND STAFF OF THE HOCKEY HALL OF FAME FINLAND" (en finés). Museo finlandés do hóckey sobre xeo. Consultado o 16 de marzo de 2023. 
  12. "JÄÄKIEKKOLEIJONAT: G-I, HONKAVAARA AARNE". jaakiekkomuseo.fi (en finés). Consultado o 24 de marzo de 2023. 
  13. "JÄÄKIEKKOLEIJONAT W-Z, WASAMA JARMO". jaakiekkomuseo.fi (en finés). Consultado o 24 de marzo de 2023. 
  14. "Uudet Jääkiekkoleijonat aateloitu". mtvuutiset.fi (en finés). 14 de novembro de 2005. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  15. "JÄÄKIEKKOLEIJONAT G-I, IHALAINEN MARIANNE". jaakiekkomuseo.fi (en finés). Consultado o 24 de marzo de 2023. 
  16. "JÄÄKIEKKOLEIJONAT G-I, HELMINEN RAIMO". jaakiekkomuseo.fi (en finés). Consultado o 24 de marzo de 2023. 
  17. "JÄÄKIEKKOLEIJONAT J-L, KROOKS SARI". jaakiekkomuseo.fi (en finés). Consultado o 24 de marzo de 2023. 
  18. "Numminen aateloidaan kiekkoleijonaksi". Yle (en finés). 4 de febreiro de 2010. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  19. "Jääkiekkoleijonan arvonimen saajat julkistettiin". Yle (en finés). 13 de xuño de 2011. Consultado o 21 de xuño de 2022. 
  20. "Tässä he ovat - Kaudella 2012-13 aateloitavat Jääkiekkoleijonat!" (en finés). leijonat.fi. 14 de setembro de 2012. Consultado o 21 de xuño de 2022. 
  21. "Uudet Jääkiekkoleijonat julkistettu - Aatelointi Jääkiekkoliiton 85-vuotisjuhlassa" (en finés). leijonat.fi. 13 de setembro de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2022. 
  22. "Pyry kiitti kiekkovaikuttajaa työstä jääurheilun eteen". Nokian Uutiset (en finés). 4 de decembro de 2016. Consultado o 21 de xuño de 2022. 
  23. "Suomeen viisi uutta Jääkiekkoleijonaa". Ilta Sanomat (en finés). 19 de setembro de 2014. Consultado o 21 de xuño de 2022. 
  24. "JÄÄKIEKKOLEIJONAT M-O, MARJAMÄKI SARI". jaakiekkomuseo.fi (en finés). Consultado o 24 de marzo de 2023. 
  25. Salminen, Jukka (8 de novembro de 2014). "Jääkiekkoleijona #227: Anne Haanpää - “Tuomarointi antaa mahdollisuuden olla huipulla”". leijonat.fi (en finés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2023. 
  26. "JÄÄKIEKKOLEIJONAT G-I, HAANPÄÄ ANNE". jaakiekkomuseo.fi (en finés). Consultado o 24 de marzo de 2023. 
  27. Pellinen, Leeni (29 de decembro de 2015). "Seitsemän uutta Jääkiekkoleijonaa aateloitiin" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  28. "Hockey Hall of Fame Finland aateloi kuusi uutta Jääkiekkoleijonaa!" (en finés). leijonat.fi. 29 de novembro de 2016. Consultado o 21 de xuño de 2022. 
  29. "Leijonat.fi - Kuusi uutta Jääkiekkoleijonaa aateloitiin Suomen Hockey Hall Of Fameen" (en finés). Leijonat.fi. 15 de outubro de 2017. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  30. Salomaa, Tomi (24 de outubro de 2018). "Tässä ovat uudet Jääkiekkoleijonat". Iltalehti (en finés). Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  31. "Leijonat – Vuoden 2019 Jääkiekkoleijonat ja elämäntyöpalkinnon saajat julkistettu" (en finés). Leijonat.fi. 13 de xuño de 2019. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  32. "JÄÄKIEKKOLEIJONAT S-U, TERHO EMMA". .jaakiekkomuseo.fi (en finés). Consultado o 24 de marzo de 2023. 
  33. Saha, Aija (23 de abril de 2021). "Museo aateloi kuusi uutta Jääkiekkoleijonaa" (en finés). Liiga.fi. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2021. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  34. "Ilkka Mikkolalle upea huomionosoitus – tässä ovat uudet Jääkiekkoleijonat" (en finés). Liiga.fi. 13 de setembro de 2022. Consultado o 5 de marzo de 2023. 
  35. Varjonen, Terhi (9 de novembro de 2023). "Jääkiekkoleijonaksi aatelointi herkisti – Janne Pesonen Jääkiekkoleijona 271: ”Olen erittäin otettu ja ylpeä”" (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. Consultado o 27 de abril de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar