Saint John's

capital de Antiga e Barbuda

Saint John's é a capital de Antiga e Barbuda, un país situado nas Antillas, no mar Caribe. Cunha poboación de 21.926 habitantes (2013), St. John's é o centro comercial do país e o principal porto da illa de Antiga.

Modelo:Xeografía políticaSaint John's
St. John's (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aJoão de Patmos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 17°07′16″N 61°50′41″O / 17.1211, -61.8447Coordenadas: 17°07′16″N 61°50′41″O / 17.1211, -61.8447
Estado federadoAntiga e Barbuda
Paróquia (pt) TraducirSão João (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación22.219 (2011) Editar o valor em Wikidata (2.221,9 hab./km²)
Xeografía
Superficie10 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Caribe Editar o valor em Wikidata
Altitude0 m Editar o valor em Wikidata
Creación1632 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Saint John's foi o centro administrativo de Antiga e Barbuda desde que as illas foron colonizadas por primeira vez en 1632, e tras a independencia do Reino Unido en 1981 converteuse en sede do goberno.

Saint John's é o principal centro de comunicacións do país. A cidade conta cun porto ao que arriban numerosos cruceiros turísticos, e co aeroporto VC Bird.

Historia editar

Saint John's foi fundada en 1632 como un pequeno casarío, cando un grupo de británicos liderados por Edward Warner chegaron a Antiga desde a veciña Illa de San Cristóbal. Posteriormente, Edward Warner converteuse no primeiro gobernador de Antiga, o segundo segundo outras fontes, e a illa empezou a ser poboada por cidadáns das Illas Británicas, especialmente irlandeses. Durante os seus primeiros anos, Saint John's foi atacada continuamente polos caribes e os franceses.

Para 1667 o pobo empezou a crecer, e a chegada de escravos de África permitiu que se desenvolvese a industria do cultivo da cana de azucre. En 1680, iniciouse a construción dun forte na Illa Rat, fronte á baía. Para este propósito, en setembro de 1672, decidiuse que un escravo de cada oito participase na construción do edificio defensivo, que foi finalizado en 1704 baixo o nome de Fort James.

Para 1689, Saint John's superara en tamaño a Falmouth, pero un furacán no ano seguinte destruíu case todo o pobo e todos os barcos apostados no porto, como mínimo perderonse 18 embarcacións.

En 1702, trazáronse adecuadamente as rúas e construíuse un mercado, ademais designouse un pregoeiro e gardiáns do pobo, os cales construíron aparellos de castigo e humillación para os habitantes que cometesen crimes menores.

En 1747 iniciouse a construción da Corte de Xustiza, que cando non era utilizada, funcionaba como salón de baile. Actualmente o edificio é o Museo de Antiga e Barbuda. En 1769, un incendio destruíu 260 casas de Saint John's, o que representaba dúas terceiras partes da poboación.

En 1784, chegou o famoso Almirante Horatio Nelson, aínda ao comezo da súa carreira, quen ordenou a construción dun estaleiro que actualmente leva o seu nome, e intentou cambiar as leis comerciais de navegación locais. Nelson non se levou ben coa poboación de Saint John's, e no posible intentou evitar entrar ao pobo, manténdose a maior parte do seu tempo no seu barco ancorado fronte á poboación.

En 1801, iniciouse a construción da residencia do gobernador, que ata entón habitaba en casas alugadas. En 1830 construíuse a primeira biblioteca nas Antillas Británicas, aínda que era privada.

En 1842, Saint John's foi declarada cidade ao establecerse unha diocese.

Coa chegada de emigrantes desde Madeira, a cidade creceu aínda máis, e en 1850, abriuse unha oficina de correos. En 1867, a cidade estableceu finalmente un servizo de auga potable ao construírse un encoro fóra da mesma.

Monumentos e lugares de interese editar

Catedral de San Xoán editar

 
Catedral de San Xoán.

O horizonte de Saint John's está dominado polas brancas torres barrocas da catedral de San Xoán. O actual edificio foi construído en 1845, sendo este o terceiro templo que aloxa a catedral, tras as destrucións dos anteriores en senllos terremotos, en 1683 e 1745. As portas de ferro da fachada sur da catedral están fraqueadas por alicerces decorados con estatuas de San Xoán Evanxelista e San Xoán Bautista. Estas figuras foron roubadas polo barco HMP Amorne en 1756 dun navío francés que se dirixía á Martinica.

Museo de Antiga e Barbuda editar

O Museo de Antiga e Barbuda está situado na esquina entre Long street e Market street, e ocupa o edificio do antigo tribunal colonial, construído en 1747 no terreo que ocupaba o primeiro mercado da cidade. É o edificio en uso máis antigo de Saint John's. As exposicións arqueolóxicas do museo mostran a vida dos primeiros habitantes do país, así como a dos escravos e colonos. O museo expón utensilios arauacos e coloniais procedentes das escavacións arqueolóxicas das illas. Tamén mostra unha réplica dunha casa arauaca e maquetas da plantacións de azucre que explican a historia do país. O museo conserva así mesmo un bate de crícket do xogador antiguano Viv Richards.

Palacio gobernamental editar

O palacio gobernamental de Saint John's é a residencia e sede do gobernador xeral de Antiga. O edificio foi construído en estilo colonial e está rodeado de xardíns. Atópase na zona leste da cidade. O edificio non ten visitas turísticas regulares, aínda que poden ser concertadas no Departamento de Turismo de Antiga e Barbuda en Long Street.

Fort James editar

O forte James foi construído en 1739 para protexer o porto de Saint John's, sendo un dos moitos fortes que Gran Bretaña construíu nas súas colonias caribeñas no século XVIII para salvagardalas das invasións da Mariña francesa. Se sitúa nun cabo na zona noroeste da cidade. Nel consérvanse as antigas polvoreiras, canóns de defensa e os cimentos das murallas do forte. O principal atractivo turístico de Fort James son as excelentes vistas ao porto de Saint John's. Existen outros fortes nas inmediacións como Fort George, Fort Charles, Fort Shirley, Fort Berkeley e Fort Barrington.

 
Heritage Quay.

Outros editar

 
Mercado de Saint John's.

Os venres e sábados pola mañá, celébrase un mercado de produtos agrícolas e artesanía nos arredores ao sur da cidade. Saint John's conta cun novo peirao para navíos de cruceiro, un centro comercial e numerosas tendas, e unha gran oferta hostaleira, que fan da cidade un centro de turístico cunha gran oferta para facer compras e saír a cear.

A antiga destilería de ron atópase na Cidadela, e trátase da única destilería de ron da illa, que produce máis de 180.000 galóns de ron embotellado.

Saint John's conta cun Xardín botánico situado preto da intersección de Factory Road e de Independence Avenue (Xardín Botánico de Antiga).

O Museo de Arte da Mariña, situado en Gambles Terrace, é unha pequena instalación que alberga rocas fósiles, pedras volcánicas, madeira petrificada e unha colección de máis de 10.000 cunchas. Tamén exhibe obxectos de varios naufraxios de navíos británicos.

Deportes editar

 
Vista do Antiga Recreation Ground.
 
Imaxe do estadio Sir Vivian Richards en construción, ao leste de Saint John's.

Saint John's dispón do campo de crícket Antiga Recreation Ground. Ademais, ao leste de Saint John's atópase o estadio multiúsos Sir Vivian Richards, que foi construído principalmente para albergar partidos da Copa Mundial de Crícket de 2007, disputada nas Antillas entre o 13 de marzo e o 28 de abril de 2007, e da que acolleu un total de 8 encontros.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar