Entremés de Bora

obra teatral de Gregorio Couto
(Redirección desde «Sainete ou Entremés de Bora»)

O Entremés de Bora[1] ou Sainete de Bora é unha das poucas obras teatrais íntegras en lingua galega dos Séculos Escuros. O seu autor foi Gregorio Couto. Foi publicada por Fermín Bouza-Brey no ano 1949, a través do seu estudo "Teatro de Carnaval en Galicia", incluído na madrileña Revista de Dialectología y Tradiciones Populares.

Entremés de Bora
Autor/aGregorio Couto
Lingualingua galega
Xénero(s)teatro
Data de pub.1949
EditorFermín Bouza-Brey
editar datos en Wikidata ]

Trama e características editar

O argumento da obra é, a priori, simple. Un alcalde dunha certa idade quéixase aos seus criados da súa veciña, unha muller definida como "vella" e que se lamenta polo olfacto que provén da cociña do alcalde. Entre outros subtemas, aborda o abandono lingüístico, encerra unha denuncia do abuso de poder e retrata o machismo (declara que as mulleres son "bestias afligidas").

Notas editar

  1. Análise e interpretación de textos dramáticos: unha introducción, Manuel F. Vieites (Galaxia, 2005).[cómpre nº de páxina]

Véxase tamén editar

Bibliografía editar