Sabina Chebichi

atleta de medio fondo kenyana


Sabina Chebichi, nada no condado de Trans-Nzoia o 13 de xuño de 1959, é unha ex-atleta de medio fondo kenyana coñecida popularmente como «a princesa das enaguas».[1]

Infotaula de personaSabina Chebichi
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Trans-Nzoia county (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sabina Chebichi naceu no condado de Trans-Nzoia, ao noroeste de Nairobi. Cursou os seus primeiros estudos na escola primaria de Mlimani.

Chebichi comezou a correr en 1972. Obtivo a vitoria na súa primeira carreira, en Kechiko.[2] Cando se soubo a través dos medios dunha colexiala que competía sen equipación, Feisal Sherman, daquela secretario da Kenya's Amateur Athletic Association (hoxe Athletics Kenya) envioulle equipación e calzado para correr. Con 14 anos converteuse na primeira muller kenyana en gañar unha medalla nos Xogos da Commonwealth de 1974 en Christchurch (Nova Celandia). Obtivo o bronce nos 800 m feminino cunha marca de 2:02:61.[3] Competiu tamén nas carreiras femininas de 4 x 400 m e 1500 m, competicións nas que quedou en 8º e 5º lugar, respectivamente.

Chebichi fora convocada para as Olimpíadas de 1976, celebradas en Montreal (O Canadá) do 17 de xullo ao 1 de agosto antes do seu país, Kenya, boicotear os xogos xunto con outros países africanos.[4] A súa carreira detívose cando ficou grávida.[5]

Notas editar

  1. "Meet Sabina Chebichi; the first African woman to win women's marathon & she was barefoot". The African History (en inglés). 14 de maio de 2022. Consultado o 31 de marzo de 2023. 
  2. KENYA: SABINA CHEBICHI -- KENYA'S NEWEST AND YOUNGEST RUNNING STAR (en inglés). 
  3. The first Kenyan female athlete to win a medal at the Commonwealth Games (en inglés). 
  4. "Kenya’s boycott of the 1976 Olympics". Kenya Page (en inglés). 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2023. 
  5. Sikes, Michelle (18 de decembro de 2015). "Print Media and the History of Women’s Sport in Africa: The Kenyan Case of Barriers to International Achievement". History in Africa (en inglés) 43: 323–345. ISSN 1558-2744. doi:10.1017/hia.2015.28.