Saúde sexual e reprodutiva

(Redirección desde «Saúde reprodutiva»)

A saúde sexual e reprodutiva[1] é un eido de investigación, coidado da saúde e activismo social que explora a saúde do sistema reprodutor e o benestar sexual dun individuo durante todas as etapas da súa vida.[2][3] O termo tamén se pode definir de xeito máis amplo no marco da definición de saúde da Organización Mundial da Saúde (OMS) como "un estado de completo benestar físico, mental e social, e non só a ausencia de enfermidade ou doenza"―[4] para denotar benestar sexual, que abrangue a capacidade dun individuo para ter sexo seguro responsable, satisfactorio e a liberdade de decidir se, cando e con que frecuencia facelo. As axencias da ONU en particular definen a saúde sexual e reprodutiva incluíndo o benestar físico e psicolóxico en relación á sexualidade.[5] Outra interpretación inclúe o acceso á educación sexual, o acceso a métodos seguros, eficaces, accesibles e aceptables de control da natalidade, así como o acceso a servizos de atención sanitaria, como a capacidade das mulleres para pasar con seguridade polo embarazo e o parto podería proporcionar ás parellas as mellores posibilidades de ter un bebé saudable.

Sesión de educación sobre o VIH en Angola.
Tampóns e copas menstruais.

As persoas enfróntanse a desigualdades nos servizos de saúde reprodutiva. As desigualdades varían segundo o nivel socioeconómico, o nivel educativo, a idade, a etnia, a relixión e os recursos dispoñibles na súa contorna. As persoas con baixos ingresos poden carecer de acceso a servizos de saúde adecuados e/ou coñecementos sobre como manter a saúde reprodutiva.[6] Ademais, moitos enfoques implican ás mulleres, familias e comunidades locais como partes interesadas e activas nas intervencións e estratexias para mellorar a saúde reprodutiva.[7]

Evolución do concepto editar

Respecto da Saúde Sexual, Ivonne Szasz, socióloga especializada en demografía, sinala que tradicionalmente, empregamos os termos "planificación familiar" e "saúde materno-infantil", para referirnos -cun matiz médico- ás doenzas e mortes relativas ós procesos reprodutivos, e ás complicacións do embarazo e do parto. Un concepto cun fin claro: controlar o crecemento da poboación (antinatalismo & natalismo). Nos últimos anos comezouse a empregar o termo "Saúde Reprodutiva" que ó contrario do anterior pon énfase en "os dereitos sexuais e reprodutivos de homes e mulleres. É dicir, o acceso de homes e mulleres ó propio corpo, á satisfacción persoal e á toma de decisións sobre cando, como e con quen ter relacións sexuais.[8]

Notas editar

  1. Cottingham J, Kismödi E, Hussein J (decembro de 2019). "Sexual and Reproductive Health Matters - What's in a name?". Sexual and Reproductive Health Matters 27 (1): 1–3. PMC 7887925. PMID 31884899. doi:10.1080/09688080.2019.1574427. 
  2. "Reproductive Health". National Institute of Environmental Health Sciences. Arquivado dende o orixinal o 2021-09-18. Consultado o 2021-09-18. 
  3. Mitchell KR, Lewis R, O'Sullivan LF, Fortenberry JD (2021). "What is sexual wellbeing and why does it matter for public health?". The Lancet Public Health (en inglés) 6 (8): e608–e613. doi:10.1016/S2468-2667(21)00099-2. 
  4. "WHO: Reproductive health". Arquivado dende o orixinal o 2012-07-09. Consultado o 2008-08-19. 
  5. International technical guidance on sexuality education: an evidence-informed approach (PDF). París: UNESCO. 2018. p. 22. ISBN 978-92-3-100259-5. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 2018-11-13. Consultado o 2018-06-21. 
  6. Hall KS, Moreau C, Trussell J (febreiro de 2012). "Determinants of and disparities in reproductive health service use among adolescent and young adult women in the United States, 2002-2008". American Journal of Public Health 102 (2): 359–67. PMC 3483992. PMID 22390451. doi:10.2105/ajph.2011.300380. 
  7. Dada, Sara; Cocoman, Olive; Portela, Anayda; Brún, Aoife De; Bhattacharyya, Sanghita; Tunçalp, Özge; Jackson, Debra; Gilmore, Brynne (2023-02-01). "What's in a name? Unpacking 'Community Blank' terminology in reproductive, maternal, newborn and child health: a scoping review". BMJ Global Health (en inglés) 8 (2): e009423. ISSN 2059-7908. doi:10.1136/bmjgh-2022-009423. Arquivado dende o orixinal o 2023-02-08. Consultado o 2023-02-08. 
  8. Szasz, Ivonne, “El derecho a ser mujer”, Contrapunto.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar



 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.