STS-61-A

STS-61-A foi unha misión do transbordador espacial Challenger lanzada o 30 de outubro de 1985 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-61-A
STS-61A launch.jpg
Lanzamento da misión STS-61-A.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento30 de outubro de 1985, 17:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión7,03 días[6]
Obxectivo da misiónExperimentos no laboratorio Spacelab D1 e posta en órbita do satélite GLOMR.[3][6]
Regreso6 de novembro de 1985[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1985-104A

CaracterísticasEditar

STS-61-A, cun récord de oito astronautas a bordo, foi lanzada para facer toda unha serie de experimentos no laboratorio Spacelab D1, na bodega de carga do transbordador. Tamén puxo en órbita o satélite GLOMR. A tripulación estaba formada polo comandante Henry W. Hartsfield, o piloto Steven R. Nagel, os especialistas de misión James F. Buchli, Guion S. Bluford e Bonnie J. Dunbar e os especialistas de carga Reinhard Furrer, Ernst Messerschmid e Wubbo J. Ockels, o primeiro astronauta neerlandés.[3][5][6][7]

O obxectivo principal da misión foi levar a cabo experimentos no módulo Spacelab D1 e no taller de materiais de a bordo. Fixéronse cerca de 70 investigacións en campos como a física de fluídos, solidificación de cristais e metais, a resposta de células humanas e de plantas á microgravedade e o crecemento de cristais en vapor. A maior parte dos investigadores implicados nos experimentos eran alemás, pero tamén houboos franceses, italianos, neerlandeses, españois, suízos e estadounidenses.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 6 de novembro de 1985, despois de sete días en órbita.[3][5][6][7]

NotasEditar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 61A" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 15 April 1986 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (86-10833). 18 de abrilde 1986: 2. Consultado o 3 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 61A/Spacelab D1" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS 61-A / Spacelab D-1" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-61-A" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (18 de febreiro de 2010). "STS-61A" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2021. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar