STS-51-F

misión do transbordador espacial Challenger

STS-51-F foi unha misión do transbordador espacial Challenger lanzada o 29 de xullo de 1985 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral. Aos 5 minutos e 45 segundos da engalaxe o motor número un apagaouse prematuramente debido a un problema cun sensor, declarándose un aborto a órbita. A pesar do fallo os outros dous motores compensaron a falta de pulo, co transbordador chegando a unha órbita normal.[2][3][5][6]

STS-51-F
Lanzamento da misión STS-51-F.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento29 de xullo de 1985, 21:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión7,95 días[6]
Obxectivo da misiónExperimentos no laboratorio Spacelab 2.[3][6]
Regreso6 de agosto de 1985[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1985-063A

Características editar

STS-51-F, con sete astronautas a bordo, lanzada co laboratorio Spacelab 2 na súa bodega de carga para facer unha serie de experimentos a bordo nunha ampla gama de campos, desde física a bioloxía, pasando por astronomía e investigacións puramente tecnolóxicas. A tripulación estaba formada polo comandante Gordon Fullerton, o piloto Roy D. Bridges, os especialistas de misión F. Story Musgrave, Anthony W. England e Karl G. Henize e os especialistas de carga Loren W. Acton e John-David F. Bartoe.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 6 de agosto de 1985.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 51F" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 10 February 1986 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (86-06959). 11 de marzo de 1986: 2. Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 51F/Spacelab 2" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS 51-F / Spacelab 2" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-51-F" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (5 de agosto de 2008). "STS-51F" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar