STS-51

misión do transbordador espacial Discovery

STS-51 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 12 de setembro de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-51
Lanzamento da misión STS-51.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento12 de setembro de 1993, 11:45 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión9,84 días[6]
Obxectivo da misiónPosta en órbita de dous satélites, realización de varios experimentos.[3][6]
Regreso22 de setembro de 1993[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1993-058A

Características

editar

STS-51, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite ACTS e para lanzar e recuperar a plataforma de observación astronómica Orfeus-SPAS. Tamén levou o experimento LDCE na bodega de carga. A tripulación estaba formada polo comandante Frank L. Culbertson, o piloto William F. Readdy e os especialistas de misión James H. Newman, Daniel W. Bursch e Carl E. Walz.[3][5][6][7]

O 16 de setembro, Newman e Walz fixeron un paseo espacial de 7 horas, 5 minutos e 28 segundos no que practicaron técnicas para a próxima misión de servizo do telescopio espacial Hubble. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 22 de setembro de 1993. Foi a primeira aterraxe nocturna dun transbordador en Florida.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 51" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 8 June 1994 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-24327(E)). 9 de xuño de 1994: 4. Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 51" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-51" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-50" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (31 de marzo de 2010). "STS-51" (en inglés). Consultado o 30 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar