Advanced Communications Technology Satellite

Advanced Communications Technology Satellite ou ACTS é un satélite de comunicacións experimental da NASA lanzado o 12 de setembro de 1993 a bordo do transbordador espacial Discovery na misión STS-51.[2][3][4]

Advanced Communications Technology Satellite
Advanced Communications Technology Satellite
TipoSatélite de comunicacións
OrganizaciónNASA
Satélite deTerra
Data de lanzamento12 de setembro de 1993[1][2]
Foguete portadorTransbordador espacial Discovery[2][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Kennedy[2]
Obxectivo da misiónDemostración de novas tecnoloxías na comunicación por satélite.[2]
NSSDC ID1993-058B
Masa2733 kg[2]
Potencia1770 vatios[2]
Datos orbitais
Semieixo maior42 164,4 km[1]
Inclinación11,1 graos[1]
Apoapse35 852,8 km[1]
Periapse35 734,1 km[1]

Características

editar

ACTS foi exectado da bodega de carga do Discovery acoplado a un foguete TOS-21H de propelente sólido que o levaría á súa órbita xeoestacionaria, situada a 100° de lonxitude oeste.[2][3]

Foi o primeiro satélite de comunicacións completamente dixital. Funcionaba usando a banda K e foi construído por Lockheed Martin. Cos paneis solares e as antenas despregados mide uns 14 metros de longo e uns 9 metros de alto. Os estudos e experimentos comezaron 12 semanas tralo lanzamento e sucedéronse sen problema ata maio de 2000, en que o programa se deu por finalizado.[2][3] En agosto de 2000 foi movido a unha posición a 105,2 graos de lonxitude oeste[4] e foi desactivado definitivamente o 28 de abril de 2004[2]

 
O ACTS pregado e acoplado ó foguete (en primeiro plano) que o levaría á órbita xeoestacionaria, tras ser soltados desde a bodega de carga do transbordador Discovery.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ACTS" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (8 de xullo de 2011). "ACTS" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2011. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ACTS" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011. 
  4. 4,0 4,1 Mark Wade (2011). "ACTS" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar