Space Technology Research Vehicle

(Redirección desde «STRV 1B»)

Space Technology Research Vehicle, tamén coñecidos polo seu acrónimo, STRV, foi unha serie de satélites experimentais do Reino Unido logo.[1][2]

Características editar

Os satélites STRV eran satélites experimentais construídos pola Axencia de Investigación de Defensa (DRA) para o Ministerio de Defensa do Reino Unido. Lanzáronse catro STRV en dúas parellas, a primeira (STRV 1A e STRV 1B) o 17 de xuño de 1994 a bordo dun Ariane 4 e a segunda (STRV 1C e STRV 1D) o 16 de novembro de 2000 a bordo dun Ariane 5.[1]

Tiñan forma cúbica, cuns 50 cm de lado, e unha masa duns 100 kg. Foron inxectados en órbitas de transferencia xeoestacionaria para, entre outras cousas, estudar novas tecnoloxías á altura da órbita xeoestacionaria. Levaban a bordo experimentos tanto da Organización de Defensa de Mísiles Balísticos (BMDO), como da ESA, da DRA e de varias universidades.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Centro de lanzamento[1][2] Nome[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
1 17 de xuño de 1994 Centro Espacial de Kourou STRV 1A Ariane 4
2 17 de xuño de 1994 Centro Espacial de Kourou STRV 1B Ariane 4
3 16 de novembro de 2000 Centro Espacial de Kourou STRV 1C Ariane 5
4 16 de novembro de 2000 Centro Espacial de Kourou STRV 1D Ariane 5

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Mark Wade (2021). "STRV" (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "STRV 1A, 1B, 1C, 1D" (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar