Sodiga Galicia
Sodiga Galicia é unha sociedade anónima de capital risco galega, participada pola Xunta de Galicia.
Sodiga Galicia | |
---|---|
Tipo | Sociedade anónima e sociedade de capital risco |
Data de fundación | 14 de novembro de 1972 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.xesgalicia.org/gl/content/sodiga | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA sociedade constituíuse o 14 de novembro de 1972 co nome de Sociedad para el Desarrollo Industrial de Galicia. Formaban parte dela o Instituto Nacional de Industria (51 %), as caixas de aforro de Galicia, o Banco Pastor e o Banco de Bilbao. En 1995 adquiriuna a Xunta de Galicia, que posúe o 76 % do capital, repartíndose o resto entre Abanca, BBVA e Banco Santander. Desde 1999 está xestionada por Xesgalicia.[1]
Estivo presente en proxectos e iniciativas dos sectores industrial, naval, vitivinícola, pedra, enerxía ou as sociedades de garantía recíproca.
Características
editarAs inversións de Sodiga diríxense a empresas con alto potencial de crecemento, xestionadas por empresarios de recoñecida solvencia profesional e que teñan relación co desenvolvemento e consolidación da economía e a industria de Galicia.[2]
O capital risco é unha actividade financeira consistente en subministrar recursos a medio e longo prazo, pero sen vocación de permanencia ilimitada. Desde o punto de vista financeiro, supón un incremento dos fondos propios, engadindo credibilidade e estabilidade financeira e, desde o punto de vista interno da empresa, axuda á profesionalización da xestión empresarial, colaborando na busca de financiamento adicional, apoiando a internacionalización e outros servizos.[2]
Sodiga regresou ás súas orixes da man dos orzamentos de 2017, nos que se dedicaron á empresa 512 000 euros. Estaba previsto que en 2018 o orzamento se multiplicase por seis.[3] En 2021 saíu do accionariado de Clesa e refinanciou a débeda de Monbus.[4]
Notas
editar- ↑ "Medio siglo en la vida de Sodiga: del INI y las cajas a Xesgalicia y Abanca". Economía Digital (en castelán). 15 de novembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Sodiga. Xesgalicia. Xunta de Galicia. Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
- ↑ Economía Digital (6 de decembro de 2016). "Sodiga vuelve al mercado: en 2017 entrará en el capital de seis empresas". Consultado o 3 de marzo de 2021.
- ↑ Javier G. Casco (25 de maio de 2021). "Sodiga sale del capital de la antigua Clesa y refinancia la deuda de Monbus". Economía Digital (en castelán).