Student Nitric Oxide Explorer

(Redirección desde «SNOE»)

Student Nitric Oxide Explorer, máis coñecido polo seu acrónimo SNOE, foi un satélite artificial do Laboratorio para a física espacial e atmosférica da Universidade de Colorado en Boulder patrocinado pola NASA e lanzado o 26 de febreiro de 1998 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg da Forza Aérea, en California.[2][3][5]

SNOE / Student Nitric Oxide Explorer
TipoCientífico
OrganizaciónLaboratorio para a física espacial e atmosférica da Universidade de Colorado en Boulder
Data de lanzamento26 de febreiro de 1998, 7:07 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorPegasus XL[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][6]
Duración da misión5 anos e 290 días[2]
Obxectivo da misiónEstudo das variacións do óxido nítrico na atmosfera terrestre.[2][6]
Decaemento13 de decembro de 2003[1]
NSSDC ID1998-012A
Masa120 kg[2][5][6]
DimensiónsForma hexagonal de 0,9 m de alto e 1 m de diámetro.[2]
Potencia37 vatios[2]

Características

editar

SNOE foi o primeiro satélite en ser lanzado pertencente ao programa de Iniciativa Demostradora de Exploración Estudantil (STEDI, Student Explorer Demonstration Initiative) da NASA. A súa misión foi estudar a variación do óxito nítrico (NO) na atmosfera terrestre. En especial SNOE centrouse no estudo de como a variación dos raios X suaves do Sol afectan á cantidade de NO na atmosfera e a maneira en que as auroras boreacantles aumentan a cantidade de NO na atmosfera sobre os polos.[2][3][4][5]

O satélite tiña forma hexagonal de 0,9 m de alto e 1 m de diámetro máximo. Foi inxectado nunha órbita heliosincrónica de entre 530 e 580 km de altura e 97,7 graos de inclinación orbital. Estabilizábase mediante xiro a 5 r.p.m. co eixo de xiro perpendicular ao plano orbital.[2][3][4][5]

SNOE levaba a bordo tres instrumentos:[2][3][4][5]

  • Un espectrómetro ultravioleta para facer perfiles de altitude do óxido nítrico.
  • Un fotómetro auroral de dous canais para medir as emisións das auroras.
  • Un fotómetro de cinco canais para medir raios X suaves solares.

Adicionalmente, o satélite levaba un receptor GPS a bordo para determinar con precisión a súa altura e posición.

SNOE reentrou na atmosfera o 13 de decembro de 2003, tras 5 anos e 290 días de misión.[2]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SNOE" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2017. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 NASA (21 de marzo de 2017). "SNOE" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 22 July 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-55196(E)). 4 de agosto de 1998: 16. Consultado o 22 de agosto de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "SNOE" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: SNOE (STEDI 1)" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2017). "SNOE" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2017.