Sociedade Deportiva Burela

(Redirección desde «SD Burela»)

A Sociedade Deportiva Burela é un club de fútbol galego, da vila de Burela, na provincia de Lugo. Foi fundado no 1966[1]. Actualmente compite no Grupo III da Primeira Autonómica de Galicia.

Burela
NomeSociedade Deportiva Burela
Fundación1966
EstadioCampo Municipal da Marosa
Burela, Galicia Galicia
Inauguración1966
Capacidade2.500
PresidenteGalicia Jesús Manuel Ares
AdestradorGalicia José Bermúdez 'Pepete'
Liga1ª Autonómica − Grupo 3
2022−2023
Na rede
https://twitter.com/BurelaSd
Titular
Alternativo

O seu filial xuvenil é a SD Porto Burela.

Historia editar

O equipo nace na localidade luguesa de Burela no ano 1966 froito das cinzas do antigo equipo da vila que deixara de existir na tempada 1951/1952, e comeza competindo na Primeira División do Campionato Comarcal das Rías Altas (actúal Primeira Autonómica de Galicia).

A comezos dos setenta gañou por primeira vez o campionato (tempada 1971/1972), mais o equipo non consegue vencer na rolda de ascenso á Rexional Preferente. Na tempada 1981/1982 volveu intentar o salto de categoría pero o equipo volveu quedar ás portas. Porén, o ano seguinte (tempada 1982/1983) conquistou o campionato ligueiro por segunda vez e nesta ocasión ascendeu directamente á Rexional Preferente.

A finais dos anos 80 iníciase a época dourada do equipo, co ascenso á 3ª División na tempada 1988/1989, adestrado por José Ramón Arteche, e a disputa na tempada 1990/1991 dun playoff de ascenso, no que o conxunto verde quedou ás portas dun histórico ascenso á Segunda B fronte ao Real Valladolid B, liderado por José Emilio Amavisca.

Tras descender na tempada 1995/1996 despois de sete tempadas na 3ª División o equipo regresa á Rexional Preferente onde disputará oito tempadas máis, ata descender á 1ª Autonómica na tempada 2003/2004, o cal está a piques de provocar a desaparición do club, algo que finalmente non ocorre.

Na tempada 2005/2006 o equipo conquista un novo campionato (o terceiro da súa historia) e ascende de novo á Rexional Preferente, onde tan só disputará dúas tempadas antes de volver descender novamente á 1ª Autonómica, categoría onde o club continúa competindo ata a actualidade cun pequeno paso pola 2ª Autonómica na tempada 2017/2018.

Estadio editar

A SD Burela xoga desde a súa fundación no Campo Municipal da Marosa, inaugurado en 1966. Ten unha capacidade de 2500 espectadores e unhas dimensións de 108×69 metros.

Datos do club editar

Últimas tempadas editar

Tempada Categoría Posto
1981/82 1ª Autonómica
1982/83 1ª Autonómica
1983/84 Rex.Preferente 10º
1984/85 Rex.Preferente
1985/86 Rex.Preferente 13º
1986/87 Rex.Preferente 10º
1987/88 Rex.Preferente
1988/89 Rex.Preferente
1989/90 3ª División 12º
1990/91 3ª División
1991/92 3ª División
1992/93 3ª División 17º
1993/94 3ª División
1994/95 3ª División 14º
1995/96 3ª División 18º
1996/97 Rex.Preferente 13º
1997/98 Rex.Preferente
1998/99 Rex.Preferente
1999/00 Rex.Preferente
2000/01 Rex.Preferente
2001/02 Rex.Preferente
2002/03 Rex.Preferente 12º
2003/04 Rex.Preferente 18º
2004/05 1ª Autonómica
2005/06 1ª Autonómica
2006/07 Preferente 17º
2007/08 Preferente 20º
2008/09 1ª Autonómica
2009/10 1ª Autonómica 11º
2010/11 1ª Autonómica
2011/12 1ª Autonómica 12º
2012/13 1ª Autonómica
2013/14 1ª Autonómica
2014/15 1ª Autonómica
2015/16 1ª Autonómica
2016/17 1ª Autonómica 14º
2017/18 2ª Autonómica
2018/19 1ª Autonómica
2019/20 1ª Autonómica
2021/22 1ª Autonómica|Grupo 13
2022/23 1ª Autonómica
2023/24 1ª Autonómica

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  1. "Historia da SD Burela". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2015. Consultado o 09 de setembro de 2015.