José Ramón Arteche
José Ramón Arteche Pena, nado en Ferrol o 8 de novembro de 1952 e finado na mesma cidade o 21 de agosto de 2016, foi un xogador e adestrador de fútbol galego.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1952 Ferrol, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 21 de agosto de 2016 (63 anos) Ferrol, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1970 - 1979 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarComo futbolista xogou na década dos 70 no Racing de Ferrol de centrocampista, tanto en Segunda división (1969-1972) como en Terceira división.
Como adestrador, comezou no Viveiro, onde adestrou durante dúas temporadas. Logo fichou pola SD Burela (1989-1990), co que ascendeu a Tercera División, e despois no Xove Lago (1991-1992), que tamén levou ata a Terceira. Posteriormente dirixiu o Racing de Ferrol na tempada 1998-99, en Segunda División B, e consegue chegar á competición de promoción de ascenso. Repite resultado ao ano seguinte 1999-2000, pero con máis éxito, porque coroa a tempada cun ascenso a Segunda División despois de 22 anos. Posteriormente foi o adestrador de CD Ourense (2001) durante uns poucos partidos precisamente na fase de ascenso a Segunda división.Logo tamén adestrou no Mensajero e no Calahorra, ambos en Segunda división B, e finalmente no Val.