Século -XXXIII
século
O século XXXIII antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 3300 a.C. e terminou o 31 de decembro de 3201 a.C.
Acontecementos
editar- Cambio climático importante posiblemente debido ao cambio na actividade solar. Expándense os Glaciaresr, cubrindo plantas. Caen as temperaturas atmosféricas.
- O Sáhara pasa de ser unha rexión habitable a un deserto árido.
- No Antigo Exipto comezan a usar selos de arxila, óso e marfil para etiquetar caixas, posiblemente un exemplo de protoescrita
- A Civilización do val do Indo (tamén coñecida como civilización Harappan) comeza en Harappa
- c. 3300 a.C.: no val do Río Indo desenvólvese a Escritura do Indo
- c. 3300 a.C.: Pictogramas en Uruk
- 3300 a.C.: ata 3000 a.C.: Dama de Warka, de Uruk (Warka moderna, Iraq). Agora atópase no Museo de Iraq, Bagdad (roubado e recuperado en 2003).
- c. 3300 a.C.: constrúese o 'Templo Vermello', a primeira fase do santuario do Monte d'Accoddi no noroeste de Sardeña.
- 3300-3000 a.C.: evidencias de proto-tracios ou de proto-dacios no período prehistórico. O pobos Proto-Dacios ou proto-Tracios desenvolvéronse a partir dunha mestura de pobos indíxenas e indoeuropeos desde a época de expansión proto-indoeuropea nos primeiros tempos da Idade de Bronce
Invencións, descubrimentos, inicios
editar- A Idade de Bronce comeza no Crecente Fértil (Roux, 1980)
- É introducido o gando no val do Nilo
- Os exipcios domestican o asno salvaxe de África do Norte (Clutton-Brock)
- c. 3250 a.C., se usa o torno de olería no Antigo Oriente Próximo
Persoas significativas
editar- Ötzi o home conxelado, unha momia descuberta nos Alpes austríaco / italiano en 1991
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Século -XXXIII |