Sé quién eres (serie de televisión)
- Non confundir co filme Sé quién eres do ano 2000, dirixido por Patricia Ferreira Mañá.
Sé quién eres é unha serie de televisión española creada polo director Pau Freixas. Está producida por Mediaset España para Telecinco e foi estreada o 16 de xaneiro de 2017. Está protagonizada por Blanca Portillo, Francesc Garrido, Carles Francino, Eva Santolaria e Aida Folch entre outros.[1]
Sé quién eres | |
---|---|
Tipo | serie de televisión ![]() |
Xénero artístico | drama, Ficción detectivesca e suspense ![]() |
Linguas
| |
Lingua orixinal | lingua castelá ![]() |
Autoría | |
Director/a | Pau Freixas (pt) ![]() ![]() |
Actores
| |
Publicación | |
País orixe | España ![]() |
Compañía produtora | Mediaset España ![]() |
Emisora orixinal | Telecinco ![]() |
Datas | |
Comezo | 16 de xaneiro de 2017 ![]() |
Remate | 1 de maio de 2017 ![]() |
Dimensións | |
Duración | 1 hora e 10 minutos ![]() |
Episodios | 16 ![]() |
Tempadas | 1 ![]() |
Composto por | |
Composto por
| |
Contacto | |
Páxina WEB | telecinco.es… ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Sinopse
editarA trama céntrase no personaxe de Juan Elías (Francesc Garrido), avogado de prestixio, que tras o que parece ser un accidente, perdeu totalmente a memoria. Coa axuda da súa esposa, a xuíza Alicia Castro (Blanca Portillo), tenta recompoñer os feitos acaecidos, ao atoparse o coche accidentado. A historia adquire unha tinguidura máis sombría ao atoparse no vehículo sangre de Ana Saura (Susana Abaitua), a sobriña do matrimonio desaparecida desde hai días. O pai desta, Ramón (Nancho Novo), reitor de universidade, tratará de demostrar que Elías acabou coa vida da nova.
Personaxes
editar- Francesc Garrido é Juan Elías.
- Blanca Portillo é Alicia Castro.
- Aida Folch é Eva Durán.
- Carles Francino é David Vila.
- Antonio Dechent é Ricardo Heredia.
- Nancho Novo é Ramón Saura.
- Eva Santolaria é Marta Hess.
- Mar Sodupe é Silvia Castro.
- Susana Abaitua é Ana Saura Castro.
- Martiño Rivas é Marc Castro.
- Àlex Monner é Pol Elías Castro.
- Noa Fontanals é Julieta Elías Castro.
- Pepón Nieto é Alberto Giralt.
- Blanca Apilánez é a xuíza Muñoz.
- Montse Germán é Susana Martín.
- Montserrat Carulla é a avoa de Eva.
Notas
editar- ↑ FórmulaTV, ed. (novembro de 2015). "Coñece aos personaxes de 'Sé quién eres'".