Ruy Duarte de Carvalho

Ruy Duarte de Carvalho, nado o 22 de abril de 1941 en Santarém (Portugal) e finado o 12 de agosto de 2010 en Swakopmund (Namibia), fou un escritor, cineasta e antropólogo angolano de orixe portuguesa.[1][2]

Infotaula de personaRuy Duarte de Carvalho
Nome orixinalRuy Alberto Duarte Gomes de Carvalho
Biografía
Nacemento22 de abril de 1941
Santarém, Portugal
Morte12 de agosto de 2010
Swakopmund, Namibia
Datos persoais
Outros nomesRuy Duarte
País de nacionalidadeangolana
EducaciónÉcole des hautes études en sciences sociales de París
Director de teseJean Copans (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo, escritor e director de cine
EmpregadorUniversidade Agostinho Neto Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios
Prémio Literário Casino da Póvoa (2008)

IMDB: nm0239053 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Portugués de nacemento, pasou a infancia en Moçâmedes capital da provincia de Namibe en Angola, volvendo a Santarém en 1955. Despois de facer un curso de Rexentes Agrícolas, que realizou na entón Escola de Rexentes Agrícolas de Santarém (agora Escola Superior Agraria), en 1960, traballou na Estación Experimental de Caraculo. Tamén traballou nos sectores do café e da gandaría. En 1971 decidiu instalarse en Lourenço Marques, onde foi xefe de produción dunha fábrica de cervexa.

En 1972 marchou a Londres para estudar cinema. Ao seu regreso sería admitido na Televisión Popular de Angola, como director. É o autor das longametraxes Nelisita: Nyaneka Narratives (1982) e Moia: The Island Scrap (1989).

Adquiriu a nacionalidade angolana en 1983,[3] e deixou de novo a antiga colonia para cursar o seu doutoramento en antropoloxía na École des Hautes Études de Sciences Sociales de París.

A partir de 1976 compaxinou a escritura, o cinema e a dicencia na Universidade de Luanda e, profesor convidado, tamén deu clases na Universidade de Coímbra e na Universidade de São Paulo, Brasil.

Obra editar

  • Chão de Oferta (poesía, 1972)
  • A Decisão da Idade (poesía, 1976)
  • Como se o Mundo não Tivesse Leste (narrativa,1977)
  • Exercícios de Crueldade (poesía,1978)
  • Sinais Misteriosos…Já se Vê…(poesía,1979)
  • Ondula Svana Branca (poesía,1982)
  • O Camarada e a Câmara (ensaio, 1984)
  • Lavra Paralela (poesía,1987)
  • Hábito da Terra (poesía,1988)
  • Ordem de Esquecimento (poesía,1997)
  • A Câmara, a Escrita e a Coisa Dita, (ensaio, 1997)
  • Aviso à Navegação (ensaio,1997)
  • Observação Directa (poesía, 2000)

Notas editar

  1. Escritor e cineasta angolano Ruy Duarte de Carvalho é encontrado morto. Folha de São Paulo, 12-08-2010. Consultado o 11 de agosto de 2019.
  2. Fischgold, Christian. "Ruy Alberto Duarte Gomes de Carvalho". Vidas Lusófonas. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  3. Morreu o escritor Ruy Duarte de Carvalho. Expresso, 12 de agosto de 2010.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar