O Ruhnama (en galego: Libro da alma) é un libro de culto á personalidade do ditador turcomán Saparmyrat Nyýazow, falecido en decembro de 2006.

Ruhnama
Autor/aSeparmurat Niyazov
OrixeTurkmenistán
LinguaLingua turcomá
Xénero(s)valor descoñecido
EditorialTurkmen State Publishing Service
Data de pub.2001
editar datos en Wikidata ]
Imaxe do Ruhnama nunha moeda de Turkmenistán.

Características editar

A obra é un tratado sobre a moral e civismo que mestura poesía con conceptos políticos. Ao principio foi introducido o primeiro volume lentamente na poboación no ano 2001 pero posteriormente volveríase lectura obrigada para tódolos alumnos das escolas e universidades de Turkmenistán, tanto nas materias de ciencia como a física e a química. Concibido polo ditador como unha guía espiritual, é tan importante que os funcionarios turcománs son examinados sobre o seu contido tódolos anos, e incluso os médicos teñen que xurar fidelidade ao presidente e ao seu libro antes de poder exercer a súa actividade.

Introduciríase un segundo volume no ano 2004.

Segundo aseguraba o propio Nyýazow, «aquel que lea tres veces o Ruhnama atopará riqueza espiritual, volverase máis intelixente e, ademais, irá directamente ao paraíso». Nyýazow consideraba a súa obra tan importante, que fixo que un foguete ruso puxese un exemplar en órbita arredor da terra, en 2005.