Rugby Calvisano S.r.l.
O Rugby Calvisano é un club de rugby italiano da localidade de Calvisano, na Provincia de Brescia (Lombardía). O club foi fundado en 1970 por un grupo de xogadores encabezados por Tonino Montanari, Gianluigi Vaccari e Alfredo Gavazzi. En 1992 o club pasouse a denominar Rugby Calvisano Srl. Actualmente compite na Serie A, a segunda categoría do rugby italiano.
Nome | Rugby Calvisano s.r.l. | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1970 | ||
Sede | Calvisano, Italia | ||
Estadio(s) | Centro Sportivo San Michele | ||
Capacidade | 3.500 espectadores espectadores | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | Andrea Cavinato | ||
Liga(s) | Eccelenza | ||
2011-12 | Campión | ||
| |||
Páxina web | |||
www |
HistoriaEditar
O Calvisano foi fundado por un grupo de xogadores en 1970, en 1992 o club pasouse a denominar Rugby Calvisano Srl. A primeira clasificación do club para disputar unha competición europea foi na tempada 1999-00, cando competiron na European Challenge Cup, xogando un total de seis partidos, mais sen chegar a gañar ningún. Clasificouse por primeira vez para disputar a Heineken Cup na tempada 2001-02.
En 2005 gañáronlle ao Benetton Treviso por 25-20 en Padua para gañar o seu primeiro campionato. Anteriormente chegaran a disputar a final en catro ocasións, perdendo en todas. O equipo foi forzado a abandonar o Super 10 na tempada 2009-10 para competir na Serie A.
PalmarésEditar
- 3 Ligas de Italia: 2005 , 2008 e 2012
- 2 Coppa Italia: 2003-04 e 2011-12
EstatísticasEditar
European Challenge CupEditar
Tempada | Partidos xogados | Vitorias | Empates | Derrotas | Puntos a favor | Puntos en contra |
---|---|---|---|---|---|---|
1999-2000 | 6 | 0 | 0 | 6 | 69 | 155 |
2007-2008 | 6 | 2 | 0 | 4 | 123 | 200 |
Heineken CupEditar
Tempada | Partidos xogados | Vitorias | Empates | Derrotas | Puntos a favor | Puntos en contra |
---|---|---|---|---|---|---|
2001-02 | 6 | 0 | 0 | 6 | 58 | 279 |
2002-03 | 6 | 2 | 0 | 4 | 105 | 236 |
2003-04 | 6 | 0 | 0 | 6 | 115 | 225 |
2004-05 | 6 | 0 | 0 | 6 | 79 | 264 |
2005-06 | 6 | 0 | 0 | 6 | 48 | 191 |
2006-07 | 6 | 0 | 0 | 6 | 74 | 264 |
2008-09 | 6 | 0 | 0 | 6 | 87 | 280 |