Rufino Rodríguez Llaú

fotógrafo galego
(Redirección desde «Rufino Rodríguez Llau»)


Rufino Rodríguez Llaú, nado na Veiga de Cascallá (Rubiá) o 14 de xuño de 1920 e finado no Barco de Valdeorras o 11 de maio de 1981, foi un fotógrafo galego[1].

Infotaula de personaRufino Rodríguez Llaú

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1920 Editar o valor em Wikidata
A Veiga de Cascallá, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de marzo de 1981 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Exerceu profesionalmente como Foto Rufino desde o estudio que abriu en 1945 no Barco de Valdeorras, máis tarde abriu tenda na Rúa de Valdeorras. Coa súa cámara rexistrou todo tipo de escenas da vida social da comarca.

En 1990 fotografías de Rufino aparecen publicadas no libro Cen anos do Barco nas fotos (edición do Concello do Barco, Deputación de Ourense. Recompilación e notas de Gustavo Docampo) realizado a partir dunha exposición que, co mesmo título, promoveu a Agrupación Cultural Sementeira en 1986, reunindo a primeira e máis ampla panorámica da fotografía histórica valdeorresa, recollida en coleccións particulares e incluída no programa do festival Outono Fotográfico.

A obra de Rufino foi obxecto de atención para investigadores da fotografía como Publio López Mondéjar, que o inclúiu no seu libro Fotografía y sociedad en la España de Franco: fuentes de la memoria III (1996) como un dos fotógrafos populares que deixaron testemuño gráfico da sociedade española da posguerra.

 
Pobre de pedir. Foto de 1950.

En 1995 o Concello do Barco de Valdeorras, co gallo do cincuenta aniversario de Foto Rufino, dedicoulle unha exposición e públicou un catálogo baixo o título de "Rufino. As fotos de toda unha vida".

Unha escolma das imaxes tomadas por Rufino foron publicadas no libro de Gustavo Docampo Paradelo O Barco 1885-1969. Memoria fotográfica (2006, Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo - Deputación de Ourense)

Imaxes asinadas por Rufino formaron parte de varias exposicións e foron publicadas en varios catálogos editados polo concello do Barco de Valdeorras: Vilanova. Imaxes da memoria (2007), A vella ponte de San Fernando no 50 aniversario da súa caída (2009), Grandes momentos do baloncesto no Barco. 1949-1989 (2011) e Un século de fútbol no Barco (2014).

Notas editar

  1. José M. Cruz (14 de xuño de 2020). ""Rufino", el retratista de O Barco". La Región.