Rudy Youngblood
Rudy Youngblood, nado o 21 de setembro de 1982 en Belton, Texas, é un actor, músico e bailarín nativo americano.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1982 (41 anos) Valle del Yaqui (México) |
Datos persoais | |
Residencia | Belton (pt) |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América México |
Educación | Belton High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor , pintor |
Período de actividade | 2005 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Traxectoria
editarNaceu en Belton, Texas e creceu con dúas irmás máis novas.[2] Foron criados pola súa nai, que Rudy identificou de ascendencia comanche.[3] Rudy declarou que o seu pai biolóxico pertenceía ao pobo yaqui.[1] Durante unha época, Rudy usou o apelido do seu padrasto e foi coñecido como Rudy Gonzales.[1]
David A. Yeagley declarou a L.A. Times, que "el non ten sangue indio que alguén poida comprobar".[1] Daquela, a páxina web de Youngblood puxo que "Rudy é da familia Comanche Tahchawwickah, o seu pai é o finado Preston Tahchawwickah. É cree por adopción".[1] A voceira da Nación Comanche, Jolene Schonchin, afirmou que Youngblood "non está nas nosas listas tribais, mais si ten sangue comanche" a través do seu pai Preston Tahchawwickah. Outros membros da familia de Preston Tahchawwickah cuestionárono. Dawn Tahchawwickah, filla de Preston Tahchawwickah, afirmou que Youngblood era "só un amigo da familia" e "non está emparentado co meu pai", mentres que outros fillos de Preston dixeron que Youngblood é o seu irmán.[1] Youngblood dixo ao L.A. Times que, "Preston Tahchawwickah non era o seu pai biolóxico senón o seu pai adoptivo cerimonial" e que era a súa nai a que tiña ascendencia comanche.[1]
Carreira como actor
editarAo acudir a un casting xeral, Youngblood foi escollido polo director Mel Gibson para interpretar o papel principal de Jaguar Paw no filme épico Apocalypto (2006), no cal tamén fixo as súas propias escenas de acción.[3] Aprendeu maia iucateco para poder actuar no filme, xa que tódolos diálogos están nesta lingua.[3] Polo seu traballo no filme, gañou o premio ao mellor actor na 15ª edición dos premios First Americans in the Arts.[4]
Filmografía
editarAno | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2005 | Spirit: The Seventh Fire | Guerreiro | |
2006 | Apocalypto | Jaguar Paw | |
2010 | Beatdown | Brandon Becker | |
2012 | Into the Americas | Toowin | |
2015 | Windwalkers | Matty Kingston | |
2016 | Crossing Point | Mateo | |
2018 | Attrition | Infidel | |
2021 | Dandelion Season | Phoenix |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Welkos, Robert W. (28 de marzo de 2007). "Apocalypto actor's ancestry questioned". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2008. Consultado o 21 de decembro de 2021.
- ↑ Garcia Berumen, Frank Javier (2019). American Indian Image Makers of Hollywood. McFarland. p. 252. ISBN 9781476636474.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Dulin, Dann (2 de marzo de 2013). "Undaunted Spirit". A&U — America's AIDS Magazine. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2013. Consultado o 21 de decembro de 2021.
- ↑ "15th Annual First Americans in the Arts Awards". Getty Images. 14 de abril de 2007. Consultado o 19 de agosto de 2018.
Actor Rudy Youngblood receives a Best Actor award from director Mel Gibson for his role in Apocalypto at the 15th Annual First Americans in the Arts Awards ceremony at the Beverly Hilton Hotel on April 14, 2007 in Los Angeles, California.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Rudy Youngblood na IMDb (en inglés).