Rudolf Rocker, nado en Maguncia o 25 de marzo de 1873 e finado preto de Nova York o 19 de setembro de 1958, foi un historiador e ilustre pensador e activista anarquista, alemán.

Infotaula de personaRudolph Rocker

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1873 Editar o valor em Wikidata
Maguncia (Imperio Alemán) Editar o valor em Wikidata
Morte19 de setembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Mohegan Colony, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCondado de Westchester (1937–1958)
Nova York (1933–1937)
París (1892–1895)
Maguncia (–1892)
Berlín
Londres Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , xornalista , economista , escritor , sindicalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialdemócrata de Alemaña (–1891) Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoAnarcosindicalismo e anarquismo social (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua yiddish e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 de agosto de 1907Congresso Internacional Anarquista de Amsterdã (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMilly Witkop
FillosFermin Rocker (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2577581 Editar o valor em Wikidata
Rudolf Rocker(sentado, o segundo empezando pola esquerda), con varios anarquistas londinienses.

Os seus primeiros pasos en política deunos na socialdemocracia xermana, da cal, finalmente, afastouse, por discrepancias tácticas e teóricas. Rocker contribuíu ao pensamento libertario contemporáneo como poucas figuras fixérono; transformándose, deste xeito, nun dos homes máis recordados polo seu legado ao pensamento anarquista do século XX.

En Alemaña Rocker organizara a Freie Arbeiter-Union Deutschlands (FAUD).

A mellor obra de Rudolf Rocker, e a que nos entrega maiores indicios sobre o seu pensamento é Nacionalismo e Cultura. Nesta, sinala a ruptura existente entre o nacionalismo moderno e o proceso xeral da cultura, considerando ao ambiente intelectual en que se move un individuo máis forte que as supostas influencias do "espírito nacional".

Así mesmo, o primeiro capítulo da obra comentada anteriormente (que posúe máis de 550 páxinas), chámase A insuficiencia do materialismo económico no cal sitúa a "vontade de poder" como un factor histórico no desenvolvemento da humanidade. De igual xeito expón, como o fixese Max Weber anos antes, a imposibilidade de analizar a historia con métodos científicos e crítica, tamén, a visión de "simple superestrutura", que a escola marxista ten sobre o Estado.

Nacionalismo e Cultura, contén, en todo caso, unha variada cantidade de capítulos que abarcan desde o absolutismo europeo á manifestacións da arte contemporánea.

A bibliografía de Rocker conta con máis unha trintena de títulos, sen contar o achegue a numerosos diarios e a cantidade de conferencias dadas ao longo da súa axitada carreira.

En galego editouse o texto Porque sou anarquista, unha declaración da súa ideoloxía e actitude vital, que inclúe tres artigos: "Marx e as ideias libertárias", onde critica a falta de honestidade intelectual do comunista alemán Karl Marx e o seu desprezo por Proudhon; "O sistema dos sovietes e a ditadura do proletariado", e "O papel dos sindicatos na construção do socialismo".

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar