O rublo (en armenio: ռուբլի , en ruso: рубль) foi a moeda de curso legal da antiga República Democrática de Armenia e da República Socialista Soviética de Armenia entre 1919 e 1923. Substituíu o primeiro rublo transcaucásico co mesmo valor, e foi substituído de novo polo rublo transcaucásico en 1923, tras a proclamación da RSS de Armenia. Non existe fracción do rublo armenio nin se emitiron moedas.

Billetes

editar

Durante a República Democrática emitíronse billetes en denominacións de 5, 10, 25, 50, 250, 500, 1.000, 5.000 e 10.000 rublos, cun deseño simple e o texto en ruso. Porén, os billetes de 50, 100 e 250 rublos imprimíronse no Reino Unido na imprenta de Waterlow and Sons Ltd., cun deseño máis elaborado e o texto en armenio.

Na República Socialista introducíronse denominacións de 5.000, 10.000, 25.000, 100.000, 500.000, 1 e 5 millóns de rublos. Estes billetes tiñan o texto impreso en ruso e en armenio, xunto a símbolos e slogans comunistas nos reversos.

Billetes impresos en Armenia
Denominación Cor predominante Imaxe do anverso Imaxe do reverso
5 rublos Gris    
50 rublos Verde    
250 rublos Vermello    
500 rublos Azul    
5.000 rublos Marrón e vermello    
10.000 rublos Marrón e verde    
Billetes impresos no Reino Unido
Denominación Cor predominante Imaxe do anverso Imaxe do reverso
50 rublos Marrón e vermello    
100 rublos Verde    
250 rublos Marrón e violeta    

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar