Rubisco

(Redirección desde «RuBisCO»)

A ribulosa-bisfosfato carboxilase osixenase, rubisco[1] ou RuBisCO é o enzima máis abundante nas plantas e, en consecuencia, a proteína máis abundante no planeta.[2]

Ribulosa-bisfosfato carboxilase
RuBisCO mostrando a disposición dos dímeros de cadea longa (branco/gris) e as cadeas pequenas (azul e laranxa).
Identificadores
Número EC 4.1.1.39
Número CAS 9027-23-0
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum
Gene Ontology AmiGO / EGO

Este enzima capta o dióxido de carbono procedente do aire e un azucre existente na célula chamado RuDP (ribulosa 1,5-difosfato ou RuBP - ribulosa bis-fosfato). A reacción entre estes dous reactivos dá orixe a dúas moléculas do azucre PGA (3-fosfoglicerato). A RuBisCO é así responsábel do primeiro paso do ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese, en concreto da fixación do dióxido de carbono na súa forma orgánica.

É importante dicir que a reacción pode acontecer tanto con dióxido de carbono coma con osíxeno molecular (O2). Cando o osíxeno é absorbido, o proceso é parte da respiración celular, sen absorción de carbono. Algunhas plantas (arredor do 5% das plantas existentes na Terra), utilizan un proceso intermedio e máis selectivo para a absorción do dióxido de carbono, evitando o contacto directo co osíxeno do ar típico do "proceso rubisco" (ás veces chamado C3), co proceso chamado C4 ou o CAM ("Crasulacean acid metabolism"). O C4 usa estruturas dentro da célula e un sistema bioquímico de transporte que envolve moléculas con 4 átomos de carbono (así o nome de C4). O CAM é usado por plantas en ambientes moi áridos, nos que os estomas só abren á noite, co fin de economizar auga, que se perdería por evaporación se estes ficasen abertos durante o día. Así, á noite, absorben o dióxido de carbono en moléculas de 4 carbonos que fican almacenadas en vacúolos para seren utilizadas durante o día.

Os procesos C3, C4 e CAM teñen vantaxes e desvantaxes. O C3 é máis directo, empregando cerca de 18 ATP para fixar cada molécula de dióxido de carbono, mais necesita concentracións máis altas de dióxido de carbono e auga. O C4 require máis estruturas e máis enerxía (30 ATP), porén traballa con concentracións de dióxido de carbono máis baixas na atmosfera e é máis axeitado para ambientes secos. O CAM é usado en ambientes predominantemente áridos, mais fixa pouco dióxido de carbono, levando a taxas baixas do crecemento das plantas.

Existe aínda un cuarto proceso, chamado pirenoide, que é usado polas algas e plantas acuáticas Ceratophyllaceae.

Notas editar

  1. Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo. (2010). Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. (PDF). Xunta de Galicia. p. 151. ISBN 978-84-453-4973-1. 
  2. Cooper, Geoffrey M. (2000). "10.The Chloroplast Genome". The Cell: A Molecular Approach (2nd ed.). Washington, D.C: ASM Press. ISBN 0-87893-106-6