Roy Thomas

guionista e editor de banda deseñada estadounidense

Roy Thomas, nado en Missouri o 22 de novembro de 1940, é un guionista e editor de banda deseñada estadounidense.

Roy Thomas
RoyThomas11.14.08ByLuigiNovi.jpg
Nacemento22 de novembro de 1940
 Jackson
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterSoutheast Missouri State University e Universidade do Estado da Califórnia
Ocupaciónartista de banda deseñada, guionista e xornalista
CónxuxeDann Thomas
PremiosInkpot Award
editar datos en Wikidata ]

TraxectproaEditar

Foi o primeiro en suceder Stan Lee como redactor xefe de Marvel Comics. É coñecido especialmente por levar a Conan o bárbaro á banda deseñada, cunha serie de historias que ampliaban a cronoloxía estabelecida polo seu creador (Robert E. Howard) para a personaxe, o que puxo de moda as historias de espada e hechicería nas bandas deseñadas. Herdou de Stan Lee os guións de boa parte das coleccións de superheroes orixinais de Marvel, realizando longas etapas en Avengers e X-Men, entre outras. Tamén é coñecido pola súa defensa das personaxes da Idade de ouro de banda deseñada, especialmente do grupo de superheroes dos anos 1940s A Sociedade da Xustiza de América, destacando no seu traballo para DC Comics a súa etapa en All-Star Squadron.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar