Conan (Marvel Comics)

personaxe de Marvel Comics

Conan é unha personaxe ficticia creada por Robert E. Howard para os relatos de Conan o bárbaro. Estes relatos de Howard foron adaptados máis ou menos de maneira fiel por Marvel Comics da man do guionista Roy Thomas e o debuxante Barry Windsor-Smith. Smith foi substituído posteriormente por John Buscema, mentres Thomas seguiu escribindo durante moitos anos. Outros escritores sobre Conan o bárbaro foron Stan Le, Wally Wood, Jim Owsley (tamén chamado Christopher Priest) ou Michael Fleisher. O escritor de A espada salvaxe de Conan foi Thomas e a maior parte dos debuxos foron realizados por Buscema, Alfredo Alcala ou Gil Kane. Tamén foron adaptadas como tira de prensa dominical dende o 4 de setembro de 1978 até o 12 de abril de 1981. Ó principio escrito por Thomas e ilustrado por Buscema, despois foi continuado por outros debuxantes e escritores. Marvel abandonou a personaxe a finais de 2000.

Outros títulos Marvel sobre Conan foron Savage Tales (1971 – 1975), Giant-Size Conan (1974–1975), King Conan/Conan the King (1980–1989), Conan the Adventurer (1994 – 1995), Conan (1995 – 1996), e Conan the Savage (1995 – 1996).

Aparicións principais editar

Título Números Datas Notas
Conan the Barbarian #1 - 275 1970 – 1993
Anual #1-12 1973-1987
Savage Tales #1 - 5 1971–1975 Apareceu nos cinco primeiros tomos.
Giant-Size Conan #1 - 5 1974–1975
The Savage Sword of Conan the Barbarian #1 - 235 1974–1995 Edición en branco e negro.
Anual #1 1975
Conan tiras de prensa 16 historias 1978 – 1981
Handbook of the Conan Universe #1 1985
King Conan/Conan the King #1 - 55 1980 – 1989 O título cambiou de King Conan a Conan the King despois do tomo #19
Conan the Adventurer #1 - 14 1994 – 1995
Conan #1 - 11 1995 – 1996
Conan the Savage #1 - 10 1995 – 1996