Roy Barreras
Roy Leonardo Barreras Montealegre, nado en Cali o 27 de novembro de 1963, é un político, escritor e médico cirurxián de Colombia, que tamén exerceu como profesor de antropoloxía médica.[1] Foi representante á cámara e senador, así mesmo foi membro da delegación do Goberno na mesa de negociación coas Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia - Exército do Pobo (FARC-EP) en Cuba. Barreras iniciou a súa vida política nas mocidades galanistas do Novo Liberalismo, movemento disidente do Partido Liberal.[2] No ano 2000, uniuse ao Partido Cambio Radical onde militou até o 2009 cando foi expulsado; o mesmo ano uniuse ao Partido de la U, onde chegou a ser codirector e militou até 2012 cando tamén foi expulsado.[1][3] Dende 2021, vinculouse á coalición política coñecida como Pacto Histórico onde apoiou a candidatura que levou á presidencia a Gustavo Petro, e onde foi un dos coordinadores da creación da lista pechada que obtivo a maior votación nas eleccións lexislativas de 2022, e onde resultou elixido senador para o período 2022-2026.[4]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1963 ![]() Bogotá, Colombia ![]() |
President of the Senate of Colombia (en) ![]() | |
20 de xullo de 2022 – 4 de maio de 2023 ← Juan Diego Gómez (pt) ![]() | |
President of the Senate of Colombia (en) ![]() | |
20 de xullo de 2012 – 20 de xullo de 2013 ← Juan Manuel Corzo Román (en) ![]() ![]() | |
![]() | |
20 de xullo de 2010 – 4 de maio de 2023 | |
Membro da Cámara de Representantes de Colombia | |
20 de xullo de 2006 – 20 de xullo de 2010 ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Colombia Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade Nacional de Colombia Universidade do Rosario Universidade de Valle ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , médico ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Dende o 20 de xullo de 2022, é o presidente do Senado da República de Colombia e, por conseguinte, o presidente do Congreso da República de Colombia.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Perfil de Roy Barreras". La Silla Vacía.
- ↑ "Roy Barreras, el brujo mayor". La Silla Vacía. 2022.
- ↑ https://web.archive.org/web/20100206213641/http://www.roybarreras.com/home/quien-soy.aspx
- ↑ "Roy Barreras y David Racero liderarán coalición del Pacto Histórico en el Congreso". El Espectador. 2022.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Colombia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roy Barreras |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial de Roy Barreras (en castelán)
- Ficha en Congreso Libre Arquivado 08 de xullo de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)