Rosendo Naseiro

político español

Rosendo Naseiro Díaz, nado en Rodas (Samarugo, Vilalba) o 11 de xuño de 1935 e finado en Madrid o 12 de outubro de 2023, foi un empresario, político e coleccionista de arte galego.

Modelo:BiografíaRosendo Naseiro
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1935 Editar o valor en Wikidata
Rodas, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de outubro de 2023 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Tesoureiro (pt) Traducir
1987 – Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, empresario, coleccionista de arte Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formación e ascenso

editar

Fillo dunha familia de caseiros e de emigrantes a Cuba, na súa xuventude marchou a Ferrol, onde estivo traballando primeiro nunha tinturería e despois na estiba de carbón no porto da cidade. En 1950 volveu a Vilalba a traballar noutra tinturería. Pouco despois trasladouse de novo, desta vez a Tui e comezou un negocio de máquinas de lavandería e de transporte, que prosperou, e mudouse a Alacant en 1972.[1]

O caso Naseiro

editar
Artigo principal: Caso Naseiro.

Militante do Partido Popular, converteuse en 1987 en secretario de finanzas (tesoureiro) dese partido, en substitución de Ángel Sanchis. En 1990 foi procesado por un caso de financiamento ilegal de partidos políticos, de suborno e de compra de votos, que foi coñecido como caso Naseiro. Detivérerono e ingresou en prisión o 9 de abril de 1990, onde permaneceu menos dunha semana. O caso chegou ao Tribunal Supremo pola condición de deputado dun dos imputados. O fiscal pediu para Naseiro unha condena de 3 meses de prisión e catro de inhabilitación por suborno en grao de conspiración. Posteriormente saíu absolto ao seren invalidadas as únicas gravacións inculpatorias, por realizárense en relación a outro caso e non seren especificamente autorizadas.

Retirada da vida política

editar

Como consecuencia, retirouse da primeira liña política e centrouse no coleccionismo de arte. Era especialista en naturezas mortas españolas de entre os séculos XVII e XVIII.

En 2006 doou ao Museo do Prado, a través dunha compra realizada polo BBVA, parte da súa colección, valorada en 26 millóns de euros, e que estaba considerada a colección de pintura máis importante desa época en mans privadas de España.[2] Finou en Madrid o 12 de outubro de 2023.[3] Foi soterrado no cemiterio de Lanzós.

Vida persoal

editar

Viúvo,[4] tivo dous fillos e varios netos. Volveu casar con Najia Naji Mouhachim.