Ronald Evans

Astronauta estadounidense
(Redirección desde «Ronald E. Evans»)

Ronald Ellwin Evans Jr., nado en St. Francis (Kansas) o 10 de novembro de 1933 e finado o 6 de abril de 1990 en Scottsdale (Arizona), foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión Apollo 17. Pasou un total de 12,58 días no espazo.[1][2]

Ronald Evans
Datos persoais
Nacemento10 de novembro de 1933
LugarSt. Francis
Falecemento7 de abril de 1990
Actividade
MisiónsApollo 17
Tempo no espazo12,58 días
PremiosMedalla do Aire, United States Astronaut Hall of Fame, Medalha de Serviço Distinto da NASA e International Space Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Evans graduouse en enxeñería eléctrica pola Universidade de Kansas en 1956, e era máster en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1964.[1][2]

Evans foi un dos 19 astronautas seleccionados pola NASA en 1966. Cando foi notificado estaba de servizo no Pacífico, a bordo do portaaeronaves USS Ticonderoga. Evans formou parte das tripulacións de apoio das misións Apollo 7 e Apollo 11 e foi reserva do piloto do módulo de mando para Apollo 14. Finalmento voou como piloto do módulo de mando na misión Apollo 17, que despegou o 6 de decembro de 1972 e rematou o 19 de decembro. Posteriormente foi piloto de reserva para a misión ASTP.[1][2]

Evans retirouse da NASA en marzo de 1977 para traballar como executivo na industria do carbón. Faleceu o 7 de abril de 1990.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2019). "Evans, Ronald Ellwin Jr 'Ron'" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 NASA, ed. (abril de 1990). "RONALD E. EVANS (CAPTAIN, USN RET.)NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar