Ron Delany
atleta irlandés
Ronald Michael Delany, nado en Arklow o 6 de marzo de 1935, é un atleta irlandés, especialista nas probas de carreira a media distancia. Gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1956 celebrados en Melbourne, na proba de 1500 metros. Posteriormente, gañou a medalla de bronce na mesma proba no Campionato Europeo de Atletismo de 1958, celebrado en Estocolmo.
Ron Delany | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de marzo de 1935 |
Lugar de nacemento | Arklow |
Nacionalidade | Irlanda |
Alma máter | Universidade Villanova |
Ocupación | mediofondista |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Delany tamén competiu no Campionato Europeo de Atletismo de 1954 en Berna, e nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma, aínda que con menos éxito nesas ocasións. Retirouse da competición en 1962, conseguindo a súa condición de olímpico máis recoñecido de Irlanda, así como un dos maiores deportistas e embaixadores internacionais na historia do seu país.[1]
Notas editar
- ↑ "Ireland's most famous Olympian, Ronnie Delany honoured by UCD". UCD. 5 de decembro de 2006. Consultado o 5 de decembro de 2006.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ron Delany |