Ron Cobb, nado nos Ánxeles en 1937, é un debuxante, artista, escritor, deseñador, deseñador de produción e director de cine estadounidense.

Infotaula de personaRon Cobb
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1937 Editar o valor em Wikidata
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte21 de setembro de 2020 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Sydney, Australia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Lewy body dementia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista visual , artista de banda deseñada , actor de cinema , debuxante de banda deseñada , escenógrafo , director de cinema , realizador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webroncobb.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0167803 Allocine: 70772 Allmovie: p85339 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Á idade de 18 anos, sen ningún adestramento formal en ilustración gráfica, Cobb traballou como intercalador de animación para Disney Studios en Burbank, California. De alí pasou a converterse en animador de Sleeping Beauty (1959), que foi o derradeiro filme de Disney en contar con entintado a man.

Despois de que se terminase Sleeping Beauty en 1957, Disney despediu a Cobb e pasou o seguintes tres anos en varios traballos: portador de correo, ensamblador nunha fábrica de portas, asistente de rotulista, ata que foi recrutado en 1960 no exército estadounidense. Durante os dous anos seguintes entregou documentos clasificados ó redor de San Francisco, e despois de asinar por un ano máis para evitar a asignación á infantaría, foi enviado a Vietnam en 1963 como debuxante para o Corpo de Sinais. Tras ser relevado, Cobb comezou a traballar como artista independente, comezando a traballar para Los Angeles Free Press en 1965.

Entre outros proxectos, Cobb deseñou a portada do álbum de 1967 de Jefferson Airplane, After Bathing at Baxter's. Tamén contribuíu nos deseños do filme do culto, Dark Star (1973).

En 1981. apareceu Colorvision, unha monografía de gran formato e cor, que incluía boa parte do seu traballo de deseño paraos filmes de A guerra das galaxias (1977), Alien (1979) e Conan o bárbaro (1982), a primeira longametraxe na que recibiu o crédito de deseñador de produción. Cobb tamén contribuíu no deseño de produción dos filmes The Last Starfighter (1984), Leviathan (1989), Total Recall (1990), True Lies (1994), The 6th Day (2000), Cats & Dogs (2001), Southland Talles (2006), e o filme australiano Garbo, que el mesmo dirixiu. Cobb achegou a historia inicial de Night Skies, unha versión máis temperá e escura de E.T, o extraterrestre. Steven Spielberg ofreceulle a oportunidade de dirixir esta secuela máis aterradora de Encontros na terceira fase ata que xurdiron problemas sobre efectos especiais que requiriron una reescritura importante. Mentres Cobb estaba en España traballando en Conan o bárbaro, Spielberg supervisou unha reescritura máis persoal E.T. the Extra-Terrestrial, e terminou dirixíndoa el mesmo. Cobb máis tarde recibiu algunha participación nos beneficios netos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar