Romaría da tortilla de Laro
A Romaría da Tortilla é unha festa gastronómica na que se exalta a tortilla de patacas. No ano 2013, foi declarada festa de interese turístico[1].
Ten lugar cada ano na parroquia de Laro no concello de Silleda. Celébrase o venres da primeira fin de semana de agosto desde 1989. A Romaría é moi popular pola zona da comarca do Deza e arredores, e reúne ao redor de 10.000 persoas todos os anos[2]
Organización
editarA noite da romaría empeza sobre as 8 do serán, momento no que a asistencia de xente é xa moi elevada. Horas máis tarde ten lugar o pregón, a cargo dun persoeiro. Rematado o discurso de exaltación do produto, comezan as distintas charangas e grupos musicais e percorrer metodicamente a carballeira, enchendo de son cada un dos seus recunchos.
Como vén sendo habitual dende fai anos, os veciños da parroquia elaboran tortillas, o mesmo día da romaría, e logo repártense entre os asistentes. A comisión de festas pon a disposición do público a carballeira, onde cada quen instala a súa mesa para cear. O viño é gratuíto, pedíndose como único requisito que se colabore coa festa mercando unha xarra co logotipo da edición da romaría.
Existe un servizo de autobuses, con saída e retorno dende varios puntos.
Notas
editar- ↑ Noticia na web de turismo do concello
- ↑ "Cortegada e Laro exaltan o bo comer", artigo de M. Garabantes en La Voz de Galicia, 12 de xullo de 2009.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina con información sobre a festaArquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.