Rolls-Royce Merlin
O Rolls-Royce Merlin é un motor de aviación británico refrixerado por líquido V-12 de pistóns de 27 litros de capacidade. Rolls-Royce deseñou o motor e o seu primeiro encendido foi en 1933 como un proxecto privado. Inicialmente coñecido como o PV-12, posteriormente foi bautizado Merlin (falcón paxareiro) seguindo a convención da compañía de chamar aos seus motores de aviación de pistóns de catro tempos como aves de presa.
Rolls-Royce Merlin | |
---|---|
Fabricante | Rolls-Royce |
Primeiro encendido | 15 de outubro de 1933 |
Principais aplicaciós | Avro Lancaster de Havilland Mosquito Handley Page Halifax Hawker Hurricane Supermarine Spitfire |
N.º construídos | 149 659 |
Variantes | Packard V-1650 Merlin |
Desenvolvido en | Rolls-Royce Meteor |
Tras varias modificacións, as primeiras variantes de produción do PV-12 completáronse en 1936. Os primeiros avións operacionais en entrar en servizo usando o Merlin foron o Fairey Battle, o Hawker Hurricane e o Supermarine Spitfire. O Merlin asóciase sobre todo co Spitfire e o Hurricane, aínda que a meirande parte das unidades fabricadas foron para o bombardeiro pesado cuatrimotor Avro Lancaster. Unha serie de desenvolvementos de aplicación rápida, provocados polas necesidades da guerra, melloraron notablemente o rendemento e durabilidade do motor. Comezando con 1 000 cabalos de potencia nos primeiros modelos de produción, a meirande parte das últimas versións da guerra chegaban case aos 1 800 cabalos, e a súa derradeira versión, usada no de Havilland Hornet, superaba os 2 000.
Foi un dos motores máis exitosos da época da segunda guerra mundial, e fabricáronse unhas 50 versións por Rolls-Royce en Derby, Crewe e Glasgow,[1] ademais de por Ford of Britain na súa fábrica de Trafford Park, preto de Manchester.[2] Unha versión rebaixada tamén foi a base do motor de carros de combate Rolls-Royce/Rover Meteor. Tras a guerra, o Merlin foi substituído en gran medida polo Rolls-Royce Griffon no uso militar, sendo a meirande parte das variantes do Merlin deseñadas para avións de pasaxeiros e transportes militares.
O Packard V-1650 foi unha versión do Merlin fabricada nos Estados Unidos. A súa produción rematou en 1950 despois de construírse case 150 000 motores. Os motores Merlin continúan no servizo da Royal Air Force no presente co Battle of Britain Memorial Flight, e equipan a moitos avións restaurados en todo o mundo.
Notas
editar- ↑ "Fathom :: The Source for Online Learning". web.archive.org. 2009-08-31. Archived from the original on 31 de agosto de 2009. Consultado o 2022-03-24.
- ↑ "BBC - WW2 People's War - MERLIN ENGINES IN MANCHESTER". web.archive.org. 2009-02-02. Archived from the original on 02 de febreiro de 2009. Consultado o 2022-03-24.