Rogelio Rivas

atleta galego


Rogelio Rivas Abal, nado en Vigo o 7 de agosto de 1944, é un exatleta galego. Foi tres veces campión de España dos 400 metros lisos, bateu varios récords nacionais e competiu na proba dos 100 metros lisos nos Xogos Olímpicos de 1964.

Infotaula de personaRogelio Rivas
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1964Xogos Olímpicos de 1964 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
A cidade de Vigo ós seus atletas.[1]

Comezou a practicar atletismo na súa cidade natal, nas filas da seccción atlética do Celta de Vigo. Adestrado por Alfonso Posada comezou a destacar rapidamente, e en 1961 correu os 100 metros en 10,9 segundos e os 400 en 22,3 segundos, o que supuxo senllos récords nacionais xuvenís.[2][3] Ese mesmo ano proclamouse campión de España xuvenil dos 100 e dos 200 m, títulos que repetiu ao ano seguinte.[4] Entrou en 1962 na Residencia Blume de Madrid, onde pasou a ser adestrador por José Luis Torres, e ese mesmo ano participou nos Xogos Iberoamericanos celebrados na capital española, obtendo o quinto posto nos 100 metros lisos, nunha carreira que gañou o venezolano Rafael Romero.[5] Participou tamén na proba de 4×100, xunto a José Luis Sánchez Paraíso, José Rodríguez Quinteiro e Melanio Asensio, quedando na cuarta posición e igualando o récord de España.[5][2] Rematou o ano batendo o récord de España dos 200 metros nas pistas de Montjuic.[6]

En abril de 1964 bateu en Madrid o récord de España dos 100 metros lisos, cun tempo de 10,4 segundos, unha décima máis rápido que o que fixera Melanio Asensio tres anos antes. Con esta marca conseguiu a clasificación para os Xogos Olímpicos de Toquio dese mesmo ano. No Estadio Olímpico da capital xaponesa, sobre a pista enchoupada pola choiva, realizou unha mala saída e cun tempo de 11,12 segundos quedou último dunha serie gañada polo cubano Enrique Figuerola, que na final se proclamaría subcampión olímpico por detrás de Bob Hayes.[7]

En 1965 gañou o seu primeiro título nacional absoluto, ao proclamarse campión de España dos 400 metros lisos, e gañou de novo en 1967 e 1970.[8] Nos Xogos Mediterráneos de 1967 en Tunes gañou dúas medallas de prata, nos 400 e nos 4×400.[9] Foi ademais seis veces campión de Galicia (3 veces en 200 m, 2 veces en 400 m e unha vez en 4×400 m).[10]

Aparellador de profesión, nos seus últimos anos como atleta deixou o Celta para competir pola Universidade de Oviedo, entidade para a cal estaba realizando obras.[3]

Notas editar

  1. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  2. 2,0 2,1 Navaza, Emilio. "Rogelio Rivas". vidaatleticadegalicia.org (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Rogelio Rivas, prototipo dun velocista completo". Federación Galega de Atletismo. 6 de agosto de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  4. "Campións xuvenís de España" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021. [Ligazón morta]
  5. 5,0 5,1 "Resultados Campionatos Iberoamericanos" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2021. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  6. "Progresión dos récords de España de velocidade" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2022. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  7. "100 metros lisos nos Xogos Olímpicos de 1964". olympedia.org (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  8. "Campións de España de atletismo" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2021. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  9. "Medallistas nos Xogos Mediterráneos". gbrathletics.com (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  10. "Campións de Galicia de Atletismo" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 19 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar