Rodoaldo de Friúl
Rodoaldo ou Rodoald, finado posteriormente ao ano 695, foi duque longobardo de Friúl do 671 ao 695 aproximadamente.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII |
Morte | 694 (Gregoriano) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Duque de Friúl (valor descoñecido–694) |
Irmáns | Adón de Friúl |
Traxectoria
editarSucesor de Landari, durante o reinado de Cuniperto, sobre o 695, sufriu a usurpación por parte de Ansfrido, que actuou sen o consentimento do rei o cal, porén, nun primeiro momento parece tolerar o cambio en Cividale. Rodoaldo fuxiu a Istria, chegou por mar a Rávena e, desde alí, se dirixiu a Pavia ante a corte de Cuniperto. Despois da definitiva deposición de Ansfrido, que tamén se rebelara contra o rei, Cuniperto confioulle o ducado ao irmán de Rodoaldo, Adón.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán, 1992).