Abrir o menú principal

Ansfrido de Friúl

Ansfrido (ou Ansfrit) (? - post 698) foi duque longobardo do Friúl aproximadamente do 695 ao 698.

Ansfrido de Friúl
Nacementoséculo VII
NacionalidadeRepública de Venecia
Ocupaciónaristócrata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Establecido no castelo de Ragogna, sobre o 695 apoderouse do ducado expulsando a Rodoaldo, que daquela estaba ausente de Cividale, sen o consenso do rei Cuniperto. Nun primeiro momento, porén, o soberano semellou non oporse á usurpación. De alí a pouco, con todo, Ansfrido saíu do Friúl para se apoderar tamén do trono de Cuniperto (698). Capturado en Verona, foi levado perante o rei, quen lle conmutou a pena de cegueira e o enviou ao exilio.

FontesEditar