Rocío Delgado

Xornalista e presentador de televisión

Rocío Delgado Parada, máis coñecida como Rocío Delgado, nada en Vigo o 16 de xullo de 1985, é unha xornalista e presentadora de televisión galega.[1]

Infotaula de personaRocío Delgado
Biografía
Nacemento(es) Rocío Delgado Parada Editar o valor em Wikidata
16 de xullo de 1985 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVigo
Madrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultade de Comunicación da Universidade de Navarra - xornalismo político (2003–2007) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , presentadora de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorRadio Televisión Madrid (2008–)
Atresmedia (2006, 2007–2006, 2007)
Atlántico Diario (2005–2005) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm11655759 Twitter: RocioDelgadoP_ Instagram: rociodelgadotv Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

É licenciada en Xornalismo cun Diploma en xornalismo político pola Facultade de Comunicación da Universidade de Navarra. O seu primeiro contacto coa profesión foi durante a carreira cunha bolsa de tres meses, en 2005, no xornal local de Vigo, Atlántico Diario.

No verán de 2006, tamén durante a etapa universitaria, incorporouse a Antena 3 Noticias na área de Sociedade e Cultura, medio ao que volveu tamén como reporteira da redacción de informativos cando se licenciou en 2007. Desde 2008 a 2014 traballou como reporteira da redacción de Telenoticias Fin de semana de Telemadrid, cubrindo para a cadea citas electorais e acontecementos como o caso Nóos en Palma de Mallorca.[2]

Desde setembro de 2011 a xaneiro de 2013, presentou o magazine cultural Escenario Madrid, dirixido por Ignacio Sacaluga, que se emitía semanalmente en Telemadrid e en La Otra. A súa emisión queda interrompida co ERE de Telemadrid nese mesmo ano. En 2012 foi nomeada pola cadea aos premios Mariano José de Larra da APM como mellor xornalista menor de trinta anos.

En setembro de 2014, púxose á fronte de Telenoticias 2 de Telemadrid até abril de 2016 que se incorpora á redacción da área de Local. En setembro de 2017 volveu presentar Telenoticias 2 na cadea, que empezou unha nova etapa con José Pablo López como director xeral, acompañada por Javier Gómez (até xuño de 2019) e por Manuel Pérez (2019-2021). En decembro de 2020 os Informativos de Telemadrid recibiron un Premio Iris da Academia de Televisión ao Mellor programa autonómico. A cadea aumentou os rexistros de audiencia en todas as súas franxas, especialmente os informativos que lograron os seus mellores rexistros de audiencia en oito anos.

En marzo de 2020 deixou Telenoticias 2, para presentar até o mes de maio do mesmo ano, o programa Madrid fronte ao Coronavirus, programa de servizo público que se puxo en marcha cada noite en horario de máxima audiencia de Telemadrid durante os meses máis duros da pandemia. Entre maio e xullo de 2020 presentou o programa Juntos con José Luís Vidal, un programa de access time que se emite de luns a venres. En agosto de 2020, reincorporouse a Telenoticias 2 con Manuel Pérez. E en outubro de 2020, emitiuse a primeira tempada de Desmontando Madrid,[3] programa de divulgación cultural e histórica que presenta en horario de máxima audiencia dos domingos con gran éxito de audiencia e de crítica.

En setembro de 2021 foi cesada como presentadora do Telenoticias 2 xunto con Manuel Pérez, tras unha reestruturación da cadea: ela mesma o confirmou a través da súa conta de Twitter. En outubro de 2021 emítese a segunda tempada de Desmontando Madrid tamén os domingos en horario de máxima audiencia. O programa cultivou de novo un gran éxito de audiencia e críticas e despediuse cun 7,3% de cota de pantalla.

En agosto de 2023 anunciou a súa marcha de Telemadrid e a súa incorporación ao programa 'Mañaneros', de Televisión Española. En 2024 presentaba o Magazine 'Xuntos en directo' (programa que se emitía os sábados e os domingos ás 15:45)[4] na Televisión de Galicia. En novembro de 2023, estreou Curiosity na La 2, programa de divulgación científica que presentou xunto a Marc Santandreu.

Premios

editar
  • 1999: Primeiro posto provincial e segunda clasificada nacional dos "Premios de Redacción de Coca Cola.
  • 2012: Nomeada por Telemadrid ao premio Mariano José de Larra como mellor xornalista menor de 30 anos.
  • 2020: Premio Iris da Academia de Televisión ao mellor programa autonómico polos Informativos de Telemadrid (premio colectivo).
  • 2022: Premio do Círculo Intercultural Hispano Árabe pola "achega á cultura" do episodio 'Madrid andalusí' emitido na 1.ª tempada de "Desmontando Madrid".
  1. 20minutos (2021-03-08). "Quién es Rocío Delgado, presentadora de 'Desmontando Madrid' en Telemadrid" (en castelán). Consultado o 2023-08-17. 
  2. Lugo, El Progreso de (2024-07-27). "Rocío Delgado: "Nunca perdín o galego, a lingua da miña casa"". El Progreso de Lugo. Consultado o 2024-07-28. 
  3. "Rocío Delgado: Angustioso episodio de acoso a una presentadora de Telemadrid: "Qué rancia eres, zorra"". La Vanguardia (en castelán). 2021-07-06. Consultado o 2024-07-28. 
  4. verTele, Redacción (2023-10-12). "Rocío Delgado ficha por la TV gallega como presentadora de 'Xuntos en directo'". Vertele (en castelán). Consultado o 2024-07-28.