Robert de Boron

poeta francés

Robert de Boron (tamén escrito "Bouron" e "Beron") foi un poeta francés dos séculos XII e XIII, nacido na aldea de Boron, na veciñanza de Montbéliard.

Robert de Boron
Merlin (illustration from middle ages).jpg
Nacementoséculo XII
Lugar de nacementoTerritorio de Belfort
Falecementoséculo XIII
Lugar de falecementoFrancia
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpoeta e escritor
Na rede
IMDB: nm1628391 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sobreviven dous poemas que Boron escribiu en versos octosilábicos: Joseph d'Arimathe ("Xosé de Arimatea"), e Merlin. Deste último consérvanse soamente algúns fragmentos e interpretacions posteriores en prosa. Crese que os poemas eran parte dunha obra de tres ou catro traballos, que destacaban as aventuras do rei Artur e a súa relación co Santo Graal. Posibelmente o terceiro era un poema dedicado a Perceval, e o cuarto á morte do rei Artur, co título Mort Artu.

Robert de Boron foi o primeiro autor que lle deu ao mito do Graal unha dimensión explicitamente cristiá. De acordo con Boron, Xosé de Arimatea usou a copa da última cea para recoller as gotas de sangue que Xesús de Nazaret derramou na cruz, e levou a copa a Ávalon (identificado con Glastonbury, en Inglaterra), onde o Graal estivo oculto até a chegada do rei Artur e o seu cabaleiro Perceval.

O que se sabe da vida de Boron deduciuse a través dos seus escritos. En Xosé de Arimatea, Boron refírese a si mesmo algunhas veces como cabaleiro (messires), e menciona que estaba ao servizo de Gautier de "Mont Belyal". Pierre Le Gentil cre que este personaxe era Gautier de Montbéliard, quen en 1202 participou na Cuarta Cruzada, e morreu en Palestina en 1212.

NotasEditar

  • Pierre Le Gentil, "Chapter 19: The Work of Robert de Boron and the Didot Perceval", Arthurian Literature in the Middle Ages, A Collaborative History, (ed. R.S. Loomis). Oxford: Clarendon Press, 1959.