Robert Jarni

futbolista croata

Robert Jarni, nado en Čakovec o 26 de outubro de 1968, é un ex futbolista croata, internacional coa selección do seu país.

Robert Jarni
Información persoal
Nacido 26 de outubro de 1968
Lugar Čakovec
Altura 180 centímetros
Posición lateral

TraxectoriaEditar

Xogou no Hajduk Split (1986-91), AS Bari (1991-93), Torino (1993-94), Juventus (1994-95), Real Betis (1995-98), Real Madrid (1998-99), Las Palmas (1999-2001) e Panathinaikos (2001-02).

É o xogador con máis encontros internacionais disputados con Croacia, cun total de 81. Destaca sobre todo pola súa achega ó terceiro posto da selección no Mundial de Fútbol Francia 1998.

Robert Jarni xogaba en calquera posición da banda esquerda, destacando pola súa velocidade e precisos centros. Tamén era un gran lanzador de faltas.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Perfíl do xogador en Bdfutbol